Aeroporto Grantley Adams
Aeroporto Grantley Adams Grantley Adams International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Barbados | ||
Operador | GAIA Inc. | ||
Cidade/Illa | Barbados | ||
Localización | Seawell, Christ Church | ||
Elevación (msnm) | 52 metros / 170 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | 3 353 | 11 000 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 2 172 603[1] |
O aeroporto internacional Grantley Adams (IATA: BGI, OACI: TBPB) é o aeroporto internacional de Barbados, situado en Seawell, Christ Church. É o único porto de entrada designado para persoas que entran ou saen por aire en Barbados e opera como principal punto de entrada ao Caribe oriental. O aeroporto ten servizos directos a destinos nos Estados Unidos, Canadá, Centroamérica e Europa e serve como centro de conexións secundario para LIAT. No ano 2016 foi o oitavo aeroporto máis concorrido da rexión do Caribe e o terceiro das Antillas Menores tras o aeroporto Raíña Beatrix en Aruba e o aeroporto de Pointe-à-Pitre en Guadalupe. O aeroporto tamén é un importante enlace aéreo para pasaxeiros de cruceiros que saen e chegan ao porto de Bridgetown,[2] e é unha base de operacións para o Sistema Recional de Seguridade e o Centro de Adestramento da Policía Rexional caribeña.
O seu antigo nome era aeroporto de Seawell, antes de que se bautizase na honra do primeiro primeiro ministro de Barbados, Sir Grantley Herbert Adams, no ano 1976. Foi centro de conexións para as defuntas aeroliñas barbadenses Caribbean Airways e REDjet, a sede da aeroliña chárter West Indies Executive Air e antiga sede da escola de voo Coconut Airways.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Antilles Express | Fort-de-France, Pointe-à-Pitre |
Air Canada | Estacional: Montreal-Trudeau |
Air Canada Rouge | Toronto-Pearson |
American Airlines | Charlotte, Miami |
British Airways | Londres-Gatwick |
Caribbean Airlines | Porto España |
Condor | Frankfurt Estacional: Múnic |
Condor operado por Air Transat |
Estacional: Düsseldorf |
Eurowings operado por SunExpress Deutschland |
Estacional: Colonia/Bonn |
JetBlue Airways | Boston, Fort Lauderdale, Nova York-JFK Estacional: Newark |
LIAT | Antiga, Dominica-Douglas-Charles, Fort-de-France, Georgetown-Correira, Granada, Porto España, Saint Kitts, Santa Lucía-Charles, San Vicente-Argyle, Sint Maarten, Tortola Estacional: Pointe-à-Pitre |
Thomas Cook Airlines | Estacional: Londres-Gatwick, Manchester |
TUI Airways | Estacional: Birmingham, Londres-Gatwick, Manchester Chárter estacional: Cardiff, Glasgow, Newcastle |
Virgin Atlantic | Londres-Gatwick, Manchester Estacional: Londres-Heathrow[3] |
WestJet | Toronto-Pearson |
Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GAIA (ed.). "Statistics". Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ The Barbados Advocate (ed.). "Forecast looking good for passenger growth". Archived from the original on 26 de marzo de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Virgin Atlantic adds Heathrow – Barbados seasonal service in W17". Consultado o 26 de marzo de 2018.