Abade, Moeche
Abade | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Abade. | |
Concello | Moeche[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°34′43″N 7°59′48″O / 43.5786, -7.9968 |
Poboación | 271 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Abade[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 271 habitantes (137 mulleres e 134 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.
Características
[editar | editar a fonte]No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Cedeira e á provincia de Betanzos. En 1826 tiña 284 habitantes[2], e en 1846 tiña 189[3]. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A igrexa está situada no lugar de Leboreiro. Ten planta rectangular dunha soa nave con sancristía. O presbiterio é abovedado, con dous pequenos contrafortes no exterior, e está separado da nave por un arco de triunfo.[4] En 1846 a igrexa era anexa á de Labacengos.
A parroquia está atravesada pola estrada AC-862 (antiga C-642).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Miñano Bedoya, S. (1826): Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABAD").
- ↑ Madoz, Pascual (1846). "ABAD". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 32.
- ↑ Patrimonio Arquivado 27 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na web do concello de Moeche.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Abade
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Abade no concello de Moeche (A Coruña) | |
---|---|
Canosa | Casanova | O Coto | Finlle | Fontepécora | Gangoavella | Gundiao | Leboreiro | Louridos | Mil de Abaixo | Mil de Arriba | Monte | Peneiro | Seixo | Trieiro | Valdixe | Vilariño | Xanfero |
Parroquias de Moeche
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche | |
---|---|
Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz) |