Ao voso gusto
Ao voso gusto | |
---|---|
Primeira páxina de As You Like It, publicado en 1623. | |
Título orixinal | As You Like It |
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Teatro |
Editorial | First Folio Edicións Laiovento |
Data de pub. | 1599 2019 |
Tradución | Miguel Pérez Romero |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao voso gusto[1] (en inglés: As You Like It) é unha obra de comedia pastoral de William Shakespeare que foi escrita en 1599 e foi publicada por vez primeira por First Folio en 1623. A primeira representación da obra é incerta, mais suxeriuse como a máis posible a realizada en Wilton House en 1603.
Ao voso gusto conta a historia da heroina Rosalinda e a súa fuxida no xuízo do seu tío, acompañada pola súa curmá Celia, para atopar seguridade e o amor no bosque de Arden. No bosque, atópanse con gran variedade de personaxes, destacando o melancólico viaxeiro Jaques, quen sabe moitos dos famosos discursos de Shakespeare (como "All the world's a stage", "too much of a good thing" e "A fool! A fool! I met a fool in the forest"). Jaques achega un marcado contraste respecto dos outros personaxes da obra, sempre observando e sorteando as dificultades da vida no país.
Historicamente, a resposta da crítica foi variada, considerando a obra algúns críticos como un traballo de gran mérito aínda que de menos calidade que outros traballos de Shakespeare. A obra segue sendo unha das favoritas entre o público e foi adaptada para a radio, o cinema e o teatro musical. A peza é considerada a favorita de famosos actores e actrices anglosaxóns de teatro de cinema, como Vanessa Redgrave, Juliet Stevenson, Maggie Smith, Rebecca Hall, Helen Mirren e Patti LuPone no papel de Rosalinda e Alan Rickman, Stephen Spinella, Kevin Kline, Stephen Dillane e Ellen Burstyn no papel de Jaques.
Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Edicións Laiovento no ano 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salgado, Daniel (12 de marzo de 2019). "'Ao voso gusto' e 'Medida por medida', últimas traducións. O galego de Shakespeare". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ao voso gusto |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MaximumEdge.com – scene-indexed, searchable version of the play (en inglés)
- Lesson plans for As You Like It Arquivado 09 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. at Web English Teacher (en inglés)