[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Anna Gavalda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Gavalda

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Boulogne-Billancourt, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, guionista, escritora, novelista, tradutora, escritora de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
ProDetLit (en) Traducir >>>:Гавальда Анна, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1674495 Allocine: 140620
BNE: XX1530142 Bitraga: 1728 Discogs: 5572740 Editar o valor en Wikidata

Anna Gavalda, nada o 9 de decembro de 1970, é unha escritora en lingua francesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anna Gavalda naceu o 9 de decembro de 1970 en Boulogne-Billancourt, na rexión da Illa de Francia. É nai de dous rapaces.

En 1992 gaña o premio France Inter por La Plus Belle Lettre d’amour (A carta de amor máis fermosa). Profesora de francés na universidade Nazareth en Voisenon (Seine-et-Marne), Anna Gavalda obtén no 2000 o Gran Premio RTL-Lire pola súa primeira colección de novelas curtas Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part [Encantaríame que alguén me esperase nalgún sitio]. Actualmente está escribindo na revista Elle artigos sobre literatura infantil e xuvenil.

  • Prólogo e textos da reportaxe fotográfica e dos diálogos recollidos por Régis Momenteau no libro A leurs bons cœurs (Aos seus bos corazóns), Le Dilettante, 2005.
  • Xuntos e máis nada (Ensemble, c'est tout), Le Dilettante, novela, 2004; tradución de Mª Dolores Torres Paris, Editorial Galaxia, Vigo, 2006, ISBN 84-8288-898-6.
  • 35 kilos d'espoir (35 quilos de esperanza), Bayard Jeunesse, novela para adolescentes, 2002
  • Je l'aimais (Eu quíxeno), Le Dilettante, novela 2002.
  • Unha bonita escapada (L'échappée belle), France loisirs, novela, 2001; tradución de Mª Dolores Torres Paris, Editorial Galaxia, Vigo, 2010, ISBN 978-84-9865-279-6.
  • Ceux qui savent comprendront (Os que saben, entenderán), Grand livre du mois, novela curta de 64 páxinas, 2000.
  • Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part (Encantaríame que alguén me esperase nalgún sitio), Le Dilettante, novela curta, 1999.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]