[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andoni Zubizarreta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndoni Zubizarreta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Andoni Zubizarreta Urreta Editar o valor en Wikidata
23 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,87 m Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, empresario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–1977 UD Aretxabaleta
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1977–1978 UD Aretxabaleta
1978–1980 Deportivo Alavés B 32(0)
1980–1981   Deportivo Alavés 4(0)
1981–1981   Bilbao Athletic 7(0)
1981–1986   Athletic Club 239(0)
1986–1994   FC Barcelona 417(0)
1994–1998   Valencia CF 184(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1979–1980   España sub-18 12(0)
1979–1984   España sub-21 17(0)
1981–1981   España sub-19 1(0)
1984–1984   España de afeccionados 1(0)
1985–1998   España 126(0)
1993–1997   País Vasco 4(0)
Participou en
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1986Mundial de Fútbol México 1986
xuño de 1984Eurocopa de Fútbol Francia 1984 Editar o valor en Wikidata
Premios

FIFA: 44789 UEFA: 2867 Editar o valor en Wikidata

Andoni Zubizarreta Urreta (Vitoria, 23 de outubro de 1961) é un exfutbolista español. Xogou na demarcación de porteiro. Pasou por algúns dos mellores clubs de fútbol españois da súa época (Athletic de Bilbao, FC Barcelona e Valencia CF) cos que conseguiu 15 títulos nacionais e internacionais (entre eles a prestixiosa Copa de Europa). Disputou 126 partidos coa Selección de fútbol de España.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu en Vitoria pola falta dun hospital máis próximo ao seu pobo, Aretxabaleta (Guipúscoa). Iniciouse xogando na Unión Deportiva Aretxabaleta. Posteriormente fichou polo Deportivo Alavés de Vitoria, antes de ingresar no filial do Athletic, o Bilbao Athletic. Debutou na Primeira División Española co Athletic de Bilbao o 19 de setembro de 1981 no partido Atlético de Madrid 2:0 Athletic, cuxa portería defendeu durante varias tempadas, sendo o porteiro titular do lendario Athletic que, con Javier Clemente no banco, conquistou dúas Ligas consecutivas, nas tempadas 1982-1983 e 1983-1984, unha Copa do Rei (1984) e unha Supercopa de España (1984). É o alavés que máis partidos disputou ata o momento coa zamarra do Athletic.

En 1986, tras disputar o Mundial de México (1986), considerado xa o mellor porteiro de España e un dos mellores porteiros do mundo, fichou polo FC Barcelona, club onde conseguiría a súa plenitude futbolística e os seus maiores éxitos profesionais. A pesar duns inicios moi difíciles (nada máis chegar, quitoulle o posto a Urruti, que era un ídolo para a afección culé), acabou demostrando a súa valía grazas á confianza do técnico inglés Terry Venables, e puido desenvolver unha gran tempada, a 1986-1987, na que acabou gañando o Trofeo Zamora, ao ser o porteiro menos goleado da liga española.

Foi un porteiro sobrio, pouco dado aos adornos estéticos, pero destacaba polo seu gran sentido da colocación, a súa seguridade, o dominio do xogo aéreo, e o seu gran carácter e personalidade. Foi un dos líderes do FC Barcelona, e capitán do equipo durante varias tempadas. O seu punto máis débil era o xogo cos pés, faceta na que tivo que mellorar moito a partir de 1989 cando Johan Cruyff, novo técnico barcelonista, implantou un sistema de xogo moi ofensivo que a miúdo deixaba desprotexida a defensa e obrigaba a Zubizarreta a xogar moi adiantado.

Os oito anos en que defendeu a portería do FC Barcelona son considerados o período máis brillante da historia do club. Foron os anos do chamado "Dream Team" de Johan Cruyff, nos que compartiu vestiario con xogadores como Bakero, Ronald Koeman, Michael Laudrup, Hristo Stoichkov, Josep Guardiola, Albert Ferrer ou Romário. Xunto os que gañou a primeira Copa de Europa para o Futbol Club Barcelona.

Abandonou o club en 1994, tras a final da Copa de Europa de Atenas que o FC Barcelona perdeu ante o AC Milán por 4-0. Sempre se considerou que Zubizarreta foi inxustamente tratado como un dos culpables daquela derrota, que o club prescindiu del precipitadamente, e sen dispensarlle a despedida que merecese. A súa marcha, ademais, deixou un baleiro na portería que o club barcelonista tardou moito en cubrir.

Tras marchar do FC Barcelona fichou en 1994 polo Valencia CF, club no que xogou catro tempadas ao máximo nivel. A enquisa realizada por revístaa "Don Balón" no ano 1997, entre os porteiros titulares e suplentes dos equipos da Liga Española, designouno como o mellor porteiro de España.

Retirouse como xogador en activo en 1998 tendo acumulado un impresionante palmarés e coa marca de ser o primeiro xogador da historia en xogar máis de 50.000 minutos na Liga española. En total disputou 622 partidos en Primeira división, nos que encaixou só 626 goles.

Logo da súa retirada foi Director Xeral Deportivo do Athletic Club de Bilbao durante tres tempadas.

Actualmente colabora como comentarista en medios deportivos, tamén é socio da empresa Makeateam.

Selección Nacional

[editar | editar a fonte]

Zubizarreta foi, durante varias tempadas, o indiscutible porteiro titular da Selección de fútbol de España. O seu debut como internacional foi o 23 de xaneiro de 1985 no partido España 3:1 Finlandia.

Posúe a marca de ser o xogador que máis partidos disputou coa Selección: 126. A Zubizarreta anotáronlle un total de 99 goles nas súas participacións como internacional.

Participacións en Copas do Mundo

[editar | editar a fonte]
Mundial Sede Resultado PX
Copa Mundial de 1986 México Cuartos de final 5
Eurocopa 1988 Alemaña Federal Fase de grupos 3
Copa Mundial de 1990 Italia Oitavos de final 4
Copa Mundial de 1994 Estados Unidos Cuartos de final 4
Eurocopa 1996 Inglaterra Cuartos de final 4
Copa Mundial de 1998 Francia Fase de grupos 3
Club País Ano
UD Aretxabaleta España 19771979
Deportivo Alavés España 19791980
Athletic de Bilbao España 19801986
FC Barcelona España 19861994
Valencia CF España 19941998

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Liga de España Athletic de Bilbao España 1983
Copa do Rei Athletic de Bilbao España 1984
Liga de España Athletic de Bilbao España 1984
Supercopa de España Athletic de Bilbao España 1984
Copa do Rei FC Barcelona España 1988
Copa do Rei FC Barcelona España 1990
Liga de España FC Barcelona España 1991
Supercopa de España FC Barcelona España 1991
Liga de España FC Barcelona España 1992
Supercopa de España FC Barcelona España 1992
Liga de España FC Barcelona España 1993
Liga de España FC Barcelona España 1994

Copas internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Recopa de Europa FC Barcelona España 1989
Copa de Europa FC Barcelona España 1992
Supercopa de Europa FC Barcelona España 1992

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Trofeo Zamora 1987
Orde Olímpica, outorgada polo Comité Olímpico Español

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]