Anastasio Cocco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1799 Messina, Italia |
Morte | 26 de febreiro de 1854 (54 anos) Messina, Italia |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, ictiólogo, naturalista, zoólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Cocco |
Anastasio Cocco, nado o 29 de agosto de 1799 en Messina, Sicilia (reino das Dúas Sicilias) e finado o 26 de febreiro de 1854 na mesma cidade, foi un médico e naturalista italiano especializado en bioloxía mariña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co seu pai, médico e bo literato, durante un tempo iniciouse no estudos dos clásicos e, despois, no Collegio Carolino estudou filosofía e matemáticas. Completados os estudos preparatorios, dedicouse ao estudo da medicina, tendo como preceptores aos irmáns Gioacchino e Antonio Arrosto; o primeiro, versado en química, ciencias naturais e física, o segundo era botánico.
En 1819 foi admitido na Reale Accademia Peloritana de' Pericolanti (da cal sería secretario en 1851), e alí leu o seu primeiro traballo, titulado Sull'origine, progressi e utilità della botánica.
Para completar a súa formación en medicina, ese mesmo ano trasladouse a Nápoles. Despois dunha breve estancia alí foi chamado para volver a Messina a causa da repentina morte de seu pai; logo regresou a Nápoles para continuar os seus estudos. Volveu outra vez a Messina, e obtivo o seu título de médico en Catania. Pero dedicouse á investigación en botánica.
En 1827 foi reclamado para cubrir a cátedra de materia médica na Accademia Carolina, elevada a universidade. Comezou a ensinar farmacoloxía, considerando fundamental para esta ciencia o coñecemento da botánica, a mineraloxía e a zooloxía, interesándose cada vez máis nas ciencias naturais e, en particular, pola ictioloxía. A súa descrición dunha nova especie de peixe foi eloxiada por Cuvier e de Valenciennes cos que se relacionaba desde 1829.
En 1831 comunicou, nunha carta escrita en latín clásico, a William Elford Leach, do Museo Británico, a existencia dunha serie de crustáceos característicos de estreito de Messina, descritos por el.
En 1852, o seu amigo o científico alemán Eduard Rüppell denominou unha especie de peixe como Microichthys coccoi para honrar o seu nome.
Cocco tamén era amigo e correspondente de moitos outros naturalistas, en particular de Charles Lucien Bonaparte, Antoine Risso e August David Krohn.
No campo da medicina foi o autor dun tratado de farmacoloxía e fixo estudos sobre operacións de litotricia e sobre enfermidades epidémicas. Unha serie de conferencias sobre farmacoloxía que comezara a elaborar baseándose en experiencias e amplas e precisas observacións, e que estaban incompletos, perdéronse.
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- Sull'origine, progressi e utilità della botanica, Messina 1819;
- Orazione per lo stabilimento della flora messinese di piante artificiali in rilievo, ibid. 1825;
- Della necessità delle scienze fisiche e naturali per lo studio della farmacologia, Palermo 1829;
- Su di alcuni crustacei de' mari di Messina, Messina 1832;
- Su di alcuni pesci de' mari di Messina, ibid. 1833;
- Elogio di G. Arrosto, ibid. 1835;
- Sull'uso terapeutico del pipernino nella cura delle febbri periodiche, ibid. 1836;
- Su di alcuni Salmonidi del mar di Messina, ibid. 1838;
- Sull'utilità del disegno nella clinica medica, Messina 1843;
- Indice ittiologico del mar di Messina, Napoli 1845;
- Su due mostruosità(peloria)della Linaria reflexa, Messina 1846;
- Elogio del prof. A. Arrosto, ibid. 1849;
- Intorno ai bagni termo-minerali di Termini Castroreale, Palermo 1853.
Así mesmo, foi autor dalgúns textos literarios:
- "Maria de' Ricci", drama en cinco actos escrito en 1824;
- Raccolta di Epigrafi (inédita).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Cocco emprégase para recoñecer a Anastasio Cocco como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.