[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antitrinitarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antitrinitarismo é unha forma de cristianismo que rexeita o dogma cristián da trindade —o ensino de que Deus é tres hipóstases ou persoas distintas, que son coeternas, coiguais e indivisiblemente unidas nun só ser, e esencia (do grego ousia)—. Certos grupos relixiosos que xurdiron durante a Reforma Protestante, historicamente foron coñecidos como antitrinitarios.

De acordo ás igrexas que consideraron como definitivas as decisións dos concilios ecuménicos, o trinitarismo foi establecido como fundamento e como doutrina cristiá nos concilios ecuménicos do século IV,​ o do Primeiro Concilio de Nicea (325), que declarou a divindade completa do Fillo,​ e o Primeiro Concilio de Constantinopla (381), que declarou a divindade do Espírito Santo.

En termos de número de adeptos, as denominacións antitrinitarias comprenden unha pequena minoría do cristianismo moderno. Con moito, as dúas denominacións cristiás non trinitarias máis grandes son: As Testemuñas de Xehová e a Iglesia ni Cristo, e grupo en conxunto das igrexas pentecostais unicitarias ou apostólicas, aínda que hai outros grupos minoritarios incluíndo os cristadelfianos, ciencia cristiá, a Asociación dos Estudantes da Biblia O Alba, Living Church of God, os Membros da Igrexa de Deus internacional, os Unitarian Universalist Christian Fellowship, The Way International, A Igrexa de Deus Internacional e a Igrexa de Deus Unida, Unha Asociación Internacional.