[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Crítica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crítica, gravado de Julio Ruelas, ca. 1907.

A crítica (do grego antigo e de κρίνειν krínein «discernir, analizar, separar») das que deriva κριτικός kirtikós e κριτική kritikē «crítico, -a; algo relativo ó xuíz, ou árbitro».[1] Unha interpretación, usada por Balmes, que comeza por propor unha definición da verdade por correspondencia, di así:

"O pensar ben consiste, ou en coñecer a verdade ou en dirixir o entendemento polo camiño que conduce a ela. A verdade é a realidade das cousas. Cando as coñecemos como son en si, acadamos a verdade, doutro xeito, caemos nun erro."

Definición e eido

[editar | editar a fonte]

Etimoloxicamente a palabra crítica, a acción de discernir, está derivada da palabra criterio (o concepto, o mecanismo), mesma raíz grega kri(n)- (derivada do proto-indoeuropeo *kr̥n-, que en latín tamén dá palabras como secretum, discernere) , no seu obxecto de discernir a verdade evidenciando, previamente, a falacia ou o erro (Ensaio e erro).

É a acción dirixida, do intelecto crítico, expresada como opinión formal, fundada e razoada, necesariamente analítica, con connotación de sentenza cando se estabelece unha verdade, ante un tema ou obxecto usualmente concreto pero que pode dirixirse cara ó abstracto (Metafísica). En ocasións, a crítica é exercida dende ou cara a algún tipo de colectividade (Escola filosófica).

A crítica é auxiliar, colaborante, da Filosofía (matriz de todas as ciencias) e da súa ferramenta a lóxica, posto que, etimoloxicamente, a filosofía é o «humano desexo de coñecer» racionalmente a «verdade» mesmo obxecto da lóxica e do criterio. Na antigüidade, non existía un xeito normalizado de advertir os razoamentos filosóficos falaces (Atomismo, Sócrates, Platón, Aristóteles, Siloxismo), non existía o método científico, agás nas Matemáticas puras (Pitágoras) ou nas aplicadas (Eratóstenes) e en certos experimentos de física (Arquímedes), utilizábase a crítica como criterio para paliar ou suplir a ausencia de probas, método ou evidencia empírica na procura de axiomas ou en «lóxica» para establecer «verdades primarias». 'En Política, Retórica e Oratoria a crítica usouse dende antigo (Demóstenes).

René Descartes propuxo o mecanicismo e suscitouse o Cartesianismo. Kant explorou os significados da palabra crítica no seu Criticismo.

  1. Estas palabras están emparentada coa palabra crise e co latín discernere 'discernir', xa que ambas derivan do proto-indoeuropeo *kr̥n- separar, cortar