[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Clavicordio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O clavicordio é un instrumento de teclado semellante ao clavicémbalo ou clave.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Ideouse en Italia no século XV, aínda que o seu maior auxe data do século XVIII. O clavicordio é máis expresivo e delicado que o propio clavicémbalo, e caracterízase polas cordas tocadas en distintos puntos por unha cuña tanxente metálica, tamén ten a posibilidade de facer vibra-lo son a través da presión dos dedos no teclado, sendo esta a gran diferenza co clave. O seu son é doce, poético e melancólico. Carl Philip Enmanuel Bach fillo de Johann Sebastian Bach foi un gran compositor para este instrumento.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clavicordio.