[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Clamidias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chlamydiae»)
Para o xénero ver Chlamydia.
Clamidias

Chlamydia trachomatis
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chlamydiae
Clase: Chlamydiae Cavalier-Smith 2002
Orde: Chlamydiales Storz and Page 1971 emend. Everett et al. 1999
Familias

As clamidias ou Chlamydiae é un grupo de bacterias que constitúen un filo e unha clase, formado por bacterias patóxenas intracelulares obrigadas.[1] Moitas clamidias coexisten co seu hóspede específico nun estado asintomático, e cóidase que eses hóspedes serven de reservorio para estas bacterias.[2] Actualmente só se recoñece unha orde dentro do grupo, as Chlamydiales.

Todas as clamidias coñecidas só poden vivir infectando células eucarióticas. Son bacterias moi pequenas, tan diminutas ou máis ca algúns virus. As clamidias replícanse dentro das súas células hóspedes. A maioría das clamidias están localizadas dentro das células en corpos de inclusión ou vacúolos. Fóra das células poden sobrevivir só como unha forma extracelular infecciosa, que se transmite xeralmente por vía aérea. Son máis fáciles de illar cando están aínda dentro da célula. Non poden propagarse en medios de cultivo bacteriano de laboratorio.

Cavalier-Smith postulou que as Chlamydiae están dentro do clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes.

Unha enfermidade similar á producida polas clamidias, que afectaba aos ollos, xa se describiu na antiga China e nos manuscritos exipcios antigos. Unha descrición máis moderna das clamidias fixérona Halberstaedter e von Prowazek en 1907. As clamidias illáronse cultivándoas en ovos embrionados a partir das obtidas de pacientes afectados de pneumonite na epidemia de finais da década de 1920 e principios da de 1930; e a medidados do século XX xa se obtiveran a partir de ducias de especies de vertebrados infectadas. O termo chlamydia (que en grego significa manto) apareceu na literatura en 1945, aínda que recibiron tamén outros nomes como Bedsonia, Miyagawanella, axentes da ornitose, do TRIC, e do PLT.

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

En 1966, as clamidias foron recoñecidas como bacterias e o foi validado o xénero Chlamydia.[3] A orde Chlamydiales foi creada por Storz e Page en 1971.[4] Entre 1989 e 1999, foron recoñecidas novas familias, xéneros e especies. O filo Chlamydiae está establecido no Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey.[5]

En 2006, recolléranse datos xenéticos dunhas 350 liñaxes de clamidias,[6] recoñecéranse catro familias de clamidias (Chlamydiaceae, Parachlamydiaceae, Simkaniaceae, e Waddliaceae),[7][8] e fora proposta unha familia máis, as (Rhabdochlamydiaceae).

Xenómica

[editar | editar a fonte]

Chlamydiae é un peculiar grupo evolutivo de bacterias que se separou das outras bacterias hai aproximadamente mil millóns de anos.[9][10] As especies deste grupo poden distinguirse xeneticamente das demais bacterias pola presenza de indels (inversións e delecións) conservados en diversas proteinas como a subunidade alfa da ARN polimerase, xirase B, factor de elongación termoinestable (Tu) e factor de elongación P, e por gran número de proteínas "sinatura" que son únicas de certas especies de clamidias.[11][12] Os informes varían sobre a relación das clamidias coas Planctomycetales ou coas Spirochaetes.[13][14] Porén, a secuenciación do xenoma indica que o 11% dos xenes de Candidatus Protochlamydia amoebophila UWE25 e o 4% de Chlamydiaceae son moi similares aos xenes dos cloroplastos, plantas, e cianobacterias.[10] Pero a filoxenia e a presenza común de indels conservados en proteínas como a subunidade beta da ARN polimerase e a lisil-ARNt sintetase indican que os parentes máis próximos vivos destes organismos son as Verrucomicrobia.[15] A comparación de xenes do ARN ribosómico serviu para facer unha filoxenia das estirpes coñecidas de Chlamydiae.[6] O status único de Chlamydiae permitiu o uso de análises de ADN para o diagnóstico das clamidias.[16] Comprobouse que Chlamydia trachomatis carece da proteína FtsZ, necesaria para a formación da parede divisoria na división binaria.[17]

Enfermidades

[editar | editar a fonte]

Describíronse tres especies de clamidias que infectan aos humanos, que son:

  • Chlamydia trachomatis, que causa a enfermidade ocular chamada tracoma e a infección de transmisión sexual por clamidias que causa infeccións uroxenitais;
  • Chlamydia pneumoniae (hoxe reclasificada como Chlamydophila pneumoniae), que causa unha forma de pneumonía;
  • Chlamydia psittaci (hoxe Chlamydophila psittaci), que causa psittacose (afecta a papagaios e outra aves e pode ser transmitida aos humanos, nos que causa unha pneumonía atípica).

Filoxenia

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada baseada na LSPN List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LSPN) [18] e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project [19]

?Candidatus Piscichlamydia salmonis Draghi et al. 2004

  ?Criblamydiaceae ♠

Criblamydia sequanensisThomas et al. 2006

Estrella lausannensis

  ?Candidatus Rhabdochlamydia

Candidatus R. crassificans (Radek 2000) Corsaro et al. 2007

Candidatus R. porcellionis Kostanjsek et al. 2004

  Waddlia

Waddlia chondrophila Rurangirwa et al. 1999

Waddlia malaysiensisChua et al. 2005

  Simkaniaceae

Simkania negevensis Everett et al. 1999

  Candidatus Fritschea

Candidatus F. bemisiae Everett et al. 2005

Candidatus F. eriococci Everett et al. 2005

  Parachlamydiaceae

?Candidatus Metachlamydia lacustris Corsaro et al. 2010

  ?Protochlamydia ♠

Candidatus P. amoebophila Collingro et al. 2005

P. naegleriophilaCasson et al. 2006

Neochlamydia hartmannellae Horn et al. 2001

Parachlamydia acanthamoebae Everett et al. 1999

  Chlamydiaceae

?Candidatus Clavochlamydia salmonicola Karlsen et al. 2008

Chlamydophila pneumoniae (Grayston et al. 1989) Everett et al. 1999

Chlamydophila pecorum (Fukushi e Hirai, 1992) Everett et al. 1999

  Chlamydophila

C. psittaci (Lillie 1930) Everett et al. 1999

C. felis Everett et al. 1999

C. caviae Everett et al. 1999

C. abortus Everett et al. 1999

  Chlamydia

C. muridarum Everett et al. 1999

C. suis Everett et al. 1999

C. trachomatis (Busacca 1935) Rake 1957 emend. Everett et al. 1999

Notas:
♠ Liñaxes atopadas no (NCBI) pero non na LSPN. ♥ Liñaxes que non aparecen no NCBI (National Center for Biotechnology Information) e si na LSPN.

  1. Wyrick P (2000). "Intracellular survival by Chlamydia". Cell Microbiol 2 (4): 275–82. PMID 11207584. doi:10.1046/j.1462-5822.2000.00059.x. 
  2. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9. 
  3. Moulder J (1966). "The relation of the psittacosis group (Chlamydiae) to bacteria and viruses". Annu Rev Microbiol 20: 107–30. PMID 5330228. doi:10.1146/annurev.mi.20.100166.000543. 
  4. Storz J, Page LA (1971). "Taxonomy of the Chlamydiae: reasons for classifying organisms of the genus Chlamydia, family Chlamydiaceae, in a separate order, Chlamydiales ord. nov". International Journal of Systematic Bacteriology 21 (4): 332–334. doi:10.1099/00207713-21-4-332. 
  5. Garrity GM, Boone DR (editors) (2001). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology Volume 1: The Archaea and the Deeply Branching and Phototrophic Bacteria (2nd ed.). Springer. ISBN 0-387-98771-1. 
  6. 6,0 6,1 Everett K, Thao M, Horn M, Dyszynski G, Baumann P (2005). "Novel chlamydiae in whiteflies and scale insects: endosymbionts 'Candidatus Fritschea bemisiae' strain Falk and 'Candidatus Fritschea eriococci' strain Elm". Int J Syst Evol Microbiol 55 (Pt 4): 1581–7. PMID 16014485. doi:10.1099/ijs.0.63454-0. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2006. Consultado o 01 de xullo de 2012. 
  7. Everett K, Bush R, Andersen A (1999). "Emended description of the order Chlamydiales, proposal of Parachlamydiaceae fam. nov. and Simkaniaceae fam. nov., each containing one monotypic genus, revised taxonomy of the family Chlamydiaceae, including a new genus and five new species, and standards for the identification of organisms". Int J Syst Bacteriol 49 (2): 415–40. PMID 10319462. doi:10.1099/00207713-49-2-415. 
  8. Rurangirwa F, Dilbeck P, Crawford T, McGuire T, McElwain T (1999). "Analysis of the 16S rRNA gene of micro-organism WSU 86-1044 from an aborted bovine foetus reveals that it is a member of the order Chlamydiales: proposal of Waddliaceae fam. nov., Waddlia chondrophila gen. nov., sp. nov". Int J Syst Bacteriol 49 (2): 577–81. PMID 10319478. 
  9. Greub G, Raoult D (2003). "History of the ADP/ATP-Translocase-Encoding Gene, a Parasitism Gene Transferred from a Chlamydiales Ancestor to Plants 1 Billion Years Ago". Appl Environ Microbiol 69 (9): 5530–5. PMC 194985. PMID 12957942. doi:10.1128/AEM.69.9.5530-5535.2003. 
  10. 10,0 10,1 Horn M, Collingro A, Schmitz-Esser S, Beier C, Purkhold U, Fartmann B, Brandt P, Nyakatura G, Droege M, Frishman D, Rattei T, Mewes H, Wagner M (2004). "Illuminating the evolutionary history of chlamydiae". Science 304 (5671): 728–30. PMID 15073324. doi:10.1126/science.1096330. 
  11. Griffiths, E., Petrich, A., & Gupta, R. S. (2005) Conserved Indels in Essential Proteins that are Distinctive Characteristics of Chlamydiales and Provide Novel Means for Their Identification . Microbiology, 151: 2647-2657. PMID 16079343
  12. Gupta, R.S. and Griffiths, E. (2006) Chlamydiae-specific Proteins and Indels – Novel tools for Studies. Trends in Microbiol. 14: 527-535 http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/17049238 PMID 17049238
  13. Ward N, Rainey F, Hedlund B, Staley J, Ludwig W, Stackebrandt E (2000). "Comparative phylogenetic analyses of members of the order Planctomycetales and the division Verrucomicrobia: 23S rRNA gene sequence analysis supports the 16S rRNA gene sequence-derived phylogeny". Int J Syst Evol Microbiol 50 (6): 1965–72. PMID 11155969. 
  14. Teeling H, Lombardot T, Bauer M, Ludwig W, Glöckner F (2004). "Evaluation of the phylogenetic position of the planctomycete 'Rhodopirellula baltica' SH 1 by means of concatenated ribosomal protein sequences, DNA-directed RNA polymerase subunit sequences and whole genome trees". Int J Syst Evol Microbiol 54 (Pt 3): 791–801. PMID 15143026. doi:10.1099/ijs.0.02913-0. 
  15. Griffiths, E. and Gupta, R. S. (2007) Phylogeny and shared conserved insert in proteins provide evidence that Verrucomicrobia are the closest free-living relatives of the parasitic Chlamydiae. Microbiology, 153: 2648-2653. PMID 17660429
  16. Corsaro D, Greub G (2006). "Pathogenic Potential of Novel Chlamydiae and Diagnostic Approaches to Infections Due to These Obligate Intracellular Bacteria". Clin Microbiol Rev 19 (2): 283–97. PMC 1471994. PMID 16614250. doi:10.1128/CMR.19.2.283-297.2006. 
  17. Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biología de los Microorganismos (10ª ed.). Páxinas 424. Pearson-Prentice Hall. ISBN 84-205-3679-2.
  18. See the List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Data extracted from the "Chlamydiae". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 1 de xullo 2012. 
  19. See the All-Species Living Tree Project [1] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Data extracted from the "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 1 xullo 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]