Charles Pozzi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Carlos Alberto Pozzi 27 de agosto de 1909 18.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 28 de febreiro de 2001 (91 anos) Levallois-Perret, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, empresario, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Charles Pozzi (27 de agosto de 1909 - 28 de febreiro de 2001) foi un piloto francés que participou nunha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, o ano do seu inicio.
Andaina nas carreiras
[editar | editar a fonte]Nado Carlo Alberto Pozzi en París, Francia de familia italiana, coñecíase como Charles, a tradución francesa do seu nome. Traballaba como vendedor de automóbiles e a súa carreira como piloto de carreiras só comezou cando xa tiña 37 anos. Máis tarde na vida, como importador oficial francés de automóbiles Ferrari e Maserati, o seu nome aparecería en moitos coches de carreiras.
En 1946 competiu, co seu Delahaye 135CS, en varias carreiras incluíndo o Gran Premio de Borgoña - Dijon onde rematou na cuarta posición e o Gran Premio de Le Mans, corría na pista de Nantes este ano, onde rematou na quinta posición, pilotando un Delahaye.
En 1949, gañou o [[Grand Prix du Comminges | Grand Prix de autos deportivos de Comminges], en Saint-Gaudens, cun Delahaye 145 (chasis N ° 48775), equipado cun motor de seis cilindros de 4,5 litros Delahaye 175.[1][2][3]
Principais logros
[editar | editar a fonte]Categoría | Data | Carreira | Equipo | Coche | Posición |
---|---|---|---|---|---|
Pre Guerra | abril 46 | 5º Gran Premio de Niza | Ecurie France | Delahaye 135S | 8 |
Pre Guerra | maio 46 | 1º Grand Prix du Forez | Ecurie France | Delahaye 135CS | 7 |
Pre Guerra | xuño 46 | 1º Copa René le Bègue | Ecurie France | Delahaye 135CS | 11 |
Pre Guerra | xullo 46 | 2º Grand Prix de Bourgogne - Dijon | Ecurie France | Delahaye 135CS | 4 |
Pre Guerra | xullo 46 | 1º Prix des 24 heures du Mans - Nantes | Ecurie France | Delahaye 135CS | 5 |
Pre Guerra | agosto 46 | 1º Circuíto des Trois Villes - Roubaix | Ecurie France | Delahaye 135CS | 7 |
Pre Guerra | febreiro 47 | Gran Premio de Estocolmo | Ecurie France | Delahaye 135CS | 5 |
Pre Guerra | xuño 47 | 3º Gran Premio de Nîmes | Ecurie France | Delahaye 135CS | 5 |
Pre Guerra | xullo 47 | 16º Grand Prix de la Marne - Reims | Ecurie France | Delahaye 135CS | 7 |
Fórmula 2 | xullo 47 | 9º Grand Prix d´Albi | Privado | Delahaye 135CS | 3 |
Pre Guerra | xullo 47 | 1º Grand Prix de la Ville de Nice | Privado | Delahaye 135CS | 5 |
Pre Guerra | agosto 47 | 2º Gran Premio de Alsacia | Privado | Talbot-Lago T150C Spéciale | 5 |
Pre Guerra | setembro 47 | 18º Gran Premio de Italia | Privado | Delahaye 135CS | 7 |
Pre Guerra | setembro 47 | 34º Grand Prix de l´ACF | Privado | Delahaye 135CS | 5 |
Pre Guerra | novembro 47 | 4º Coupe du Salon | Privado | Delahaye 135CS | 3 |
Pre Guerra | marzo 48 | 8º Grand Prix Automobile de Pau | Privado | Talbot-Lago T150C | 4 |
Pre Guerra | maio 48 | 2º Gran Premio de París | Ecurie Lutetia[4] | Delahaye 135S | 11 |
Pre Guerra | xullo 48 | 8º Gran Premio de Suíza | Privado | Talbot-Lago T26SS | 7 |
Pre Guerra | xullo 48 | 35º Grand Prix de l´ACF | Privado | Talbot-Lago T26SS | 10 |
Pre Guerra | agosto 49 | 15º Grand Prix de voitures de sport de
l´ACF - Comminges |
Privado | Delahaye 4.5-litre six | 1 |
PreGuerra | outubro 49 | 6ª Coupe du Salon | Privado | Delahaye 135CS | 4 |
Fórmula 1 | xullo 50 | 37º Grand Prix de l´ACF | Ecurie Charles Pozzi | Talbot-Lago T26C | 6 |
Sports Car | xuño 53 | 21º Grand Prix des 24 heures du Mans | Automobiles Talbot Darracq | Talbot-Lago T26GS | 8 |
Nota: 35º Grand Prix de L'ACF compartíu resultados con Louis Rosier como co-piloto
- 1947, competiu en:
- Gran Premio de Pau,
- Gran Premiodo Automóbil de Marsella,
- Circuíto des Remparts en Angoulême,
- Grand Prix du Comminges en Saint-Gaudens.
- 1948, competiu en:
- Gran Premio das Nacións en Xenebra,
- Retirado no Grand Prix du Comminges en Saint-Gaudens (Talbot).[5]
- 1949, correu no Gran Premio do Automóbil de Pau,
- 1952, gañou as 12 Horas de Casablanca,[6] Marrocos
- 1953, gañou:
- Primeira posición das 12H de Hyères na categoría 2L [7] e na terceira posición xeral,
- Segunda posición das 12H de Reims na categoría 2L e a 6ª posición na clasificación xeral. Por estes dous eventos, correu no Ferrari 166MM Berlinetta Vignale que pertence ao seu compañeiro de equipo François Picard.
- Terceira posición nas 12 horas de Agadir Marrocos cun Lancia Aurelia
- 1954, rematou:
- as 12 horas de Hyères en 2ª posición cun Ferrari 500 Mondial,[8]
- as 12 horas de Reims na 9ª posición co mesmo coche.
- a subida de Planfoy.
O negocio de Pozzi
[editar | editar a fonte]Despois da súa retirada das carreiras, fundou a Charles Pozzi S.A., o importador oficial de vehículos a motor Ferrari e Maserati en Francia. En 2003, a compañía adquiríuna a compañía Ferrari.
Pozzi morreu en 2001 en Levallois-Perret, un suburbio no oeste de París.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Ecurie Rosier | Talbot-Lago T26C | Talbot 6 en liña | GBR | MON NCG |
500 | SUI | BEL | NC | 0 | ||
Charles Pozzi | FRA 6 * |
ITA |
- * Indican unidade compartida con Louis Rosier
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Snellman, Leif; Vaucourt, André (2009-10-26). "DELAHAYE: Societe des Automobiles Delahaye, Paris". The Golden Era of Grand Prix Racing. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2010. Consultado o 2010-10-18.
- ↑ Jolly, François (1980). Delahaye V12: Course, Sport & Tourisme (en French). Nîmes, France: Editions du Palmier. pp. 40, 44, 52. ISBN 978-2-914920-64-3.
- ↑ Rousseau, Jacques; Caron, Jean-Paul (1988). "134". Guide de l'Automobile Française (en French). Paris: Solar. ISBN 2-263-01105-6.
- ↑ Jolly, p. 47
- ↑ Jolly, p. 44
- ↑ [1] (fr) 1952 12 horas de Casablanca
- ↑ [2] Resultados 12H Hyères 1953
- ↑ [3] Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine. Ranking 1954
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Pozzi |