[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cea (comida)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A última cea de Leonardo da Vinci

A cea é, como norma xeral, a última comida do día, e tómase pola tarde/noite.

Características

[editar | editar a fonte]
Placa dun restaurante

Nos países anglosaxóns, como o Reino Unido, Canadá e Estados Unidos, a cea tómase a media tarde, entre as 6 e as 9. Esta hora tamén é habitual na Europa continental. Con todo, en España céase bastante máis tarde que noutros países, mesmo ás 10 ou ás 11 da noite. Isto débese, en parte, a que España se atopa nunha franxa horaria que xeograficamente non lle corresponde[Cómpre referencia]. Aínda así, sería equivalente ás 9 ou 10 da noite en hora solar.

Outra razón podería ser que a hora de deitarse e de espertar é máis tardía en certas zonas de España que no resto de Europa debido á calor, o cal é cuestionable no ámbito urbano en que se desenvolven a maioría dos españois.

As ceas adoitan incluír dúas ou máis pratos, e poden ir acompañadas de viño ou sobremesa. O prato principal adoita incluír carne e verduras, pero non adoita ter froita no inverno. Con todo, nas épocas de verán, a cea pode consistir nun prato principal acompañado dunha ensalada ou froita.

En Colombia, e Chile entre outros países suramericanos, a cea tamén é coñecida como "a comida".