[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carrán cristado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Ligazón internas

Carrán cristado

Thalasseus sandvicensis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: Thalasseus
Especie: T. sandvicensis
Nome binomial
'Thalasseus sandvicensis'
(Latham, 1787)
Distribución:      Cría     Anual     Inverno
Distribución:      Cría     Anual     Inverno

Distribución:      Cría     Anual     Inverno
Sinonimia

Sterna sandvicensis

O carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), é unha ave da familia dos Sternidae.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude entre 37–43 cm, unha envergadura de 85–97 cm e un peso de 250 gramos. Ten o peteiro esvelto e negro, coa punta amarela. Testa branca. Presenta unha pequena crista negra e patas da mesma cor. A especie non presenta dimorfismo sexual. Os xoves teñen manchas pardas na cabeza e na parte superior do corpo.

Son do carrán cristado.

É unha ave moi gregaria, que garula con frecuencia. Alimentación baseada en peixes que pesca mergullándose. Tamén depreda crustáceos, moluscos e vermes.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Thalasseus sandvicensis

Cría en colonias en praias areosas ou illas baixas. Ás veces tamén en augas estancadas que sexan salobres. O período de cría vai de maio a xullo cunha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 22-26 días. Os polos comezan a voar ós 30-35 días.

Carrán cristado.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Estival no norte de Europa. Invérnante no Sur de Europa e África. Escaso ou inexistente lonxe da costa. Ó revés do carrán do Caspio segue a costa cando emigra.

Non cría en Galicia, pero é relativamente abondosa nos pasos migratorios, especialmente de setembro a outubro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Illas Cíes: Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas". Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-96203-67-9
  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal: C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega (en castelán).
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)