[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carme (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carme
Descubrimento
Descuberta por S. B. Nicholson
Descuberta o 30 de xullo de 1938[1]
Designación alternativa Xúpiter XI
Características orbitais
Raio orbital medio 23,4 millóns de quilómetros[2]
Excentricidade 0,25[2]
Período orbital 702,28 d (2,045 a)[2]
Inclinación 164,91° (respecto da eclíptica)
167,53° (respecto do ecuador de Xúpiter)[2]
Velocidade orbital 2,253 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio ~23 km[3]
Área superficial ~6.600 km²
Volume ~51.000 km3
Masa 1,3 x 1017kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[3]
Gravidade superficial ~0,017 m/s2 (0,0017 g)
Velocidade de escape ~0,028 km/s
Albedo 0,04[3]
Temperatura ~124 K

Carme (ou en grego Κάρμη) é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta o 30 de xullo de 1938 por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson, California.[1] Recibiría o nome da Carme mitolóxica, nai (xunto con Zeus) da deusa cretense Britomartis.

Carme non recibiría o seu nome oficial ata 1975,[4] antes disto era coñecida sinxelamente coma Xúpiter XI. Foi chamada ás veces "Pan"[5] entre os anos 1955 a 1975 (Pan é actualmente o nome dunha das lúas de Saturno).

Esta lúa dálle o seu nome a un grupo de satélites, o grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de quilómetros, con inclinacións duns 165°. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[2] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Carme.

  1. 1,0 1,1 Nicholson, S. B. (1938). "Two New Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 50: pp.292–293. doi:10.1086/124963. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jacobson, R. A. (2000). "The Orbits of Outer Jovian Satellites". Astronomical Journal 120: pp.2679–2686. doi:10.1086/316817. 
  3. 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008. 
  4. IAUC 2846: Satellites of Jupiter 1974 October 7 (bautizando a lúa)
  5. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Prentice-Hall, ed. Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J. ISBN 0-134-78107-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]