Capercaille
Capercaillie | |
---|---|
Orixe | Oban, Escocia |
Na rede | |
http://www.capercaillie.co.uk/ | |
Capercaillie é unha banda de música folk escocesa fundada na década de 1980 por Donald Shaw (músico) e dirixida por Karen Matheson.
Historia
[editar | editar a fonte]Gravaron o seu primeiro álbum, Cascade, en 1984. O seu álbum debut A Prince Among Islands foi a primeira gravación en gaélico escocés en chegar ao Top 40 de sinxelos do Reino Unido ( UK Top 40). Entre as máis escoitadas, outra canción de Capercaillie chamada Dark Alan (Alein Dunn) acadou o número 65. O álbum Secret People alcanzou a posición 40, e o álbum To the Moon acadou a posición 41. Capercaillie popularizou as cancións tradicionais gaélicas utilizando técnicas de produción modernas, así como métodos de mestura, combinando música tradicional con batería e baixo.
Toman o seu nome do Tetrao urogallus, a pita do monte das Highlands de Escocia.[1]
Capercaille ao longo de máis de tres décadas participou en numerosos concertos en Galiza, como no Festifolk en Carballo[2], no Festival de Ortigueira[3], nas Festas de San Froilán de Lugo[4], etc., gravaron unha actuación nos Directos da Galega da CRTVG[5] e en setembro de 2022 está prevista unha colaboración da Capercaillie Symphonic coa Real Filharmonía de Galicia no Festival Maré de Compostela, no Auditorio de Galicia.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- 1984: Cascade
- 1987: Crosswinds
- 1988: The Blood is Strong
- 1989: Sidewaulk
- 1991: Delirium
- 1992: Get Out
- 1993: Secret People
- 1994: Capercaillie
- 1996: To the Moon
- 1997: Beautiful Wasteland
- 1998: Glenfinnan (Songs of the '45)
- 2000: Nàdurra
- 2002: Choice Language
- 2008: Roses and Tears
Álbums e recompilacións en directo
[editar | editar a fonte]- 1998: Dusk Till Dawn: The Best of Capercaillie
- 2002: Capercaillie Live in Concert
- 2004: Grace and Pride: The Anthology 2004-1984
En recompilacións conxuntas
[editar | editar a fonte]- Putumayo presents Celtic tides: a musical odyssey
- Celtic Christmas II: a Windham Hill collection (3 edicións, publicado en 1996, con músicos de Irlanda, Galiza e Escocia)[7]
- Celtic crossroads
- Celtic odyssey
- Celtic women
- The Celtic Circle
- Celtic tides
- The rough guide to Celtic music : harp, fiddle, flute & guitar, Celtic connections
- One World
- Green Linnet Records: the twentieth anniversary collection
Membros
[editar | editar a fonte]- Karen Matheson - Voz
- Donald Shaw (músico) - Teclado, acordeón
- Charlie McKerron - Violín
- Michael McGoldrick - Frauta, Flauta de asubío, Gaitas
- Manus Lunny — Bouzouki, guitarra
- Ewen Vernal - Baixo
- Che Beresford - Batería
- David Chimp Robertson - Percusión
-
Karen Matheson
-
Donald Shaw
-
Charlie McKerron
-
Manus Lunny
-
Ewen Vernal
-
Michael McGoldrick
-
David Robertson
-
Che Beresford
Antigos membros
[editar | editar a fonte]- Marc Duff — Sintetizadores, Tin whistle, Rauschpfeife, Bodhrán,
- John Saich - Baixo, Guitarra
- James Mackintosh - Batería
- Shaun Craig - Guitarra, bouzoukiBuzuki
- Martin MacLeod – Baixo, Violín
- Joan Maclachlan – Violín, Voz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aigas Field Centre - Information about the ecology of the Capercaillie". web.archive.org. 2007-02-24. Archived from the original on 24 de febreiro de 2007. Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "O mítico grupo escocés Capercaillie ofrece en Carballo o seu único concerto en Galicia". carballo.org. Consultado o 2023-03-2.
- ↑ "Capercaillie @ Ortigueira Celtic Festival 2015 (Full Concert)". Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Evento: Capercaillie". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Capercaillie - The Tree". Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Festival Maré". Real Filharmonía de Galicia. 2022-08-02. Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Capercaillie (Musical group)". worldcat.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capercaille |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música |
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |
- Sitio web oficial de Capercaillie
- Páxina de contacto e contratación de Capercaillie en Galiza
- Discografía completa de Capercaillie
- Preguntas útiles sobre Capercaille (abarca a actividade do grupo até 1995)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |