[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cancún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCancún
Imaxe

Localización
Mapa
 21°09′41″N 86°49′29″O / 21.1614161, -86.8248111
EstadoMéxico
Estado federadoQuintana Roo
ConcelloBenito Juárez Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación888.797 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Creación20 de abril de 1970 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal77500–77539 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico998 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcancun.gob.mx Editar o valor en Wikidata

Cancún (do maia kaan kun: niño de cobras), é unha cidade de México, localizada na costa nordés da península do Iucatán, no estado de Quintana Roo e capital do concello de Benito Juárez. É un importante centro turístico internacional, recoñecido pola OMT.[1]. A súa poboación era de 628.306 habitantes en 2010.

Toponimia e escudo

[editar | editar a fonte]
Fonte alusiva ao escudo de Benito Juárez, Avs. Cobá y Náder.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Existen dúas versións sobre a orixe do nome, dependendo da pronuncia maia: a primeira versión é «niño de serpes» e a segunda versión, menos aceptada, é o «lugar da serpe dourada». Isto débese a que a illa de Cancún ten forma de "7", e no amencer aseméllase á forma dunha serpe dourada, polo reflexo do Sol.[2]

O escudo do concello de Benito Juárez, que tamén representa á cidade de Cancún, foi creado polo deseñador gráfico californiano de orixe mexicana Joe Vera, despois dun concurso convocado por Fonatur.[3] Divídese en tres partes: a cor azul simboliza o mar Caribe; o amarelo, a area, e o vermello, os raios do Sol.[4]

Datos climáticos para Cancún (Aeropuerto Internacional de Cancún: MMUN)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33,0 38,0 39,0 38,0 39,0 39,0 39,0 41,5 38,5 38,0 37,0 33,5 41,5
Media máxima en °C 28,3 29,4 30,7 32,2 33,5 33,7 34,3 34,8 33,7 31,6 29,8 28,6 31,7
Media diaria en °C 24,1 24,8 25,8 27,4 28,7 29,2 29,5 29,7 29 27,5 25,9 24,5 27,2
Media mínima en °C 19,8 20,3 21,0 22,6 23,9 24,7 24,8 24,6 24,3 23,3 21,9 20,5 22,6
Temperatura mínima en °C 13,0 12,0 9,5 14,0 18,0 20,5 21,0 20,0 19,0 15,0 12,0 12,0 9,5
Chuvia media mm 104,6 49,5 44,1 41,2 86,9 138,3 77,9 87,5 181,9 271,9 130,3 86,1 1 300,2
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm) 9,4 5,9 5,0 4,1 6,7 11,0 9,3 9,7 14,0 16,4 11,4 9,8 112,7
Fonte: Servizo Meteorolóxico Nacional (1951–2010)[5]
Ocaso sobre a lagoa Nichupté.
  1. [1] Premio OMT Cancún.
  2. "Diccionario maya en línea". aulex.ohui.net. [Ligazón morta]
  3. Tiziana Roma. "Entrevista a Joe Vera- Escudo". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  4. cancun.gob.mx. "Cancún - Escudo" (en cas). Consultado o 4 de xullo de 2017. [Ligazón morta]
  5. "Normales Climatologicas 1951-2010" (en castelán). Servicio Meteorológico Nacional de Mexico. Agosto 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]