[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

CaixaBank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CaixaBank, S.A.

Oficinas de CaixaBank na Avinguda Diagonal de Barcelona
TipoBanco
Fundación2011
LocalizaciónRúa Pintor Sorolla 2-4 Valencia
Persoas claveJordi Gual Solé (presidente)
Número de empregados37.440 (2018)
Na rede
https://www.caixabank.es, https://www.caixabank.com/ e https://www.caixabank.cat/particular/home/particulars_ca.html
Facebook: CaixaBank Twitter: caixabank Instagram: caixabank LinkedIn: caixabank Youtube: UCI4_IQktRxCOK4CO4G7e2xQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

CaixaBank é un banco español con sede operativa en Barcelona e sede social en Valencia.[1] Foi fundado en Barcelona en 2011, pola Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona, máis coñecida como la Caixa, que achegou os activos e pasivos do negocio bancario da mesma.

A 31 de decembro de 2018, os activos de CaixaBank eran de 386.622 millóns de euros, sendo a terceira entidade financeira española por volume de activos. Nesa data contaba cunha rede de 5.110 oficinas, 37.440 empregados e 15,7 millóns de clientes.[2]

Cotiza na Bolsa de Madrid (CABK) e forma parte do índice IBEX 35.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

CaixaBank agrupa o negocio bancario, asegurador e algúns dos investimentos do Grupo "la Caixa". Anteriormente a empresa denominábase "Criteria CaixaCorp S.A." e tiña un papel de entidade de investimento de capital dentro do grupo, non obstante, o 1 de xullo de 2011, no marco da reestruturación do sistema financeiro en España, decidiu cambiar a súa denominación por "CaixaBank S.A." así como a súa función dentro da estrutura financeira do grupo, pasando a englobar a actividade bancaria do conxunto empresarial.

CaixaBank é herdeiro da actividade financeira e bancaria que ata o momento da súa creación viña exercendo a Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona ("la Caixa") sendo agora o responsable de xestionar as oficinas, carteira de clientes, capital e activos que ata ese momento eran propiedade da caixa. Esta entidade tamén agrupa o negocio de seguros e reaseguros como propietaria única do VidaCaixa Grupo, ademais dos investimentos en banca internacional e en Telefónica e Repsol.

A pesar de que, tras a segregación do negocio da caixa de aforros, a actividade en banca retallista e comercial non a desempeña xa a extinta caixa, CaixaBank continúa utilizando nas súas sucursais e nas súas comunicacións publicitarias o pseudónimo comercial "la Caixa", deixando a marca "CaixaBank" só para fins institucionais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]