Cabilia
- Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa pobo cabilio. Para a lingua, vexa Lingua cabila.
A Cabilia[1] é unha área montañosa no norte de Alxeria. Os seus habitantes (os cabilas) chámana en cabila Tamurt Idurar (Terra de Montañas) ou Tamurt Leqvayel (Terra dos Cabilas). Forma parte do Cordal do Atlas e está localizada á beira do mar Mediterráneo. Cabilia cobre varias vilaias de Alxeria: a totalidade de Tizi Ouzou e Buxía, a maioría de Bouira e parte das vilaias de Bordj Bou Arreridj, Jijel, Boumerdes, e Setif.
A colonización francesa
[editar | editar a fonte]A área foi pasando gradualmente a control francés dende 1857, espertando unha vigorosa resistencia levada a cabo pola poboación local dirixida por líderes como Lalla Fatma n Soumer, continuando máis tarde coa rebelión de Cheikh Mokrani en 1871. Moitas terras foron confiscadas neste período ás tribos máis recalcitrantes e dadas ós pied-noirs franceses. Foron levados a cabo moitos arrestos e deportacións polos franceses, principalmente a Nova Caledonia. A colonización tamén acelerou a chegada de emigrantes tanto de dentro do país como de fóra del.
Os traballadores alxerinos en Francia organizaron o primeiro partido que promoveu a independencia nos anos 20. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani, e Belkacem Radjef gañaron rapidamente un grande seguimento tanto en Francia como en Alxeria nos anos trinta e desenvolveron activamente militantes que volvéronse vitais nun futuro para construír unha Alxeria independente e loitadora.
Durante a guerra de independencia (1954-1962), a Cabilia foi unha das áreas que foi máis afectada, debido á importancia do maquis (axudados polo terreo montañoso) e á represión francesa. A FLN recrutou a varios dos seus líderes históricos alí, entre eles Hocine Aït Ahmed, Abane Ramdane, e Krim Belkacem.
Política
[editar | editar a fonte]- Dous partidos políticos dominan na Cabilia e teñen o seu principal apoio alí: a Fronte de Forzas Socialistas, liderado por Hocine Aït Ahmed, e o RCD, liderado por Saïd Sadi. Ámbolos dous son secularistas, Berberistas e "Alxerianistas".
- O Arouch, creado durante a Primavera Negra de 2001 como un renacemento da forma tradicional cabila de organización democrática, a asemblea de vilas. O Arouch comparte en gran parte os mesmos puntos de vista políticos que o FFS e o RCD.
- O MAK (Movemento pola Autonomía da Cabilia) emerxeu durante a Primavera Negra, e é unha asociación política que loita pola autonomía da Cabilia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabilo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabilia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mohamed Dahmani, Economie et Societe en Grande Kabylie (Alger: Office des Publications Universitaires, 1987)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotos da Cabilia Arquivado 30 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- Kabyle.com (en francés)
- imyura.com (cabila: lingua da Cabilia)
- Kabylie News (en francés)
- Kabyle music
- Kabylpedia