[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Comunas de Costa do Marfil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Communas de Costa do Marfil

As comunas de Costa do Marfil son as unidades de quinto nivel administrativo de Costa do Marfil. As subprefecturas de Costa do Marfil conteñen vilas, e nalgunhas instancias combínase máis dunha vila nunha comuna. Dende 2012 existen 197 comunas dentro das 510 subprefecturas.

Antes de 2011 as comunas eran as unidades administrativas de terceiro nivel do país. Baixo a administración de Laurent Gbagbo, o número de comunas aumentou ata máis de 1300. No 2011 tivo lugar unha reorganización das divisións do país, e as comunas pasaron de considerarse divisións de terceiro nivel a divisións de quinto nivel.

En marzo de 2012 o goberno abolíu 1126 comunas considerando que non eran unidades gobernamentais economicamente viables,[1] quedando 197 comunas finalmente.[1]

Lista de comunas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]