CD16
CD16a
| |
Identificadores | |
Símbolo | FCGR3A |
Símbolos alt. | FCGR3, FCG3 |
Entrez | 2214 |
HUGO | 3619 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000569 |
UniProt | P08637 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 q23 |
CD16b
| |
Identificadores | |
Símbolo | FCGR3B |
Símbolos alt. | FCGR3, FCG3 |
Entrez | 2215 |
HUGO | 3620 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000570 |
UniProt | O75015 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 q23 |
En inmunoloxía, o CD16 (cluster de diferenciación 16), tamén chamado FcγRIII, é un antíxeno proteico da superficie de certas células do sistema inmunitario dos mamíferos. Exprésase especificamente en neutrófilos, células NK, monocitos e macrófagos. Ten un peso molecular de 50-80 kDa e polas súas características bioquímicas encádrase dentro da familia das inmunoglobulinas. A súa función na célula é funcionar como compoñente do receptor de baixa afinidade para a rexión Fc dos anticorpos e mediar na fagocitose e citotoxicidade debida a células dependentes de anticorpos IgG. O CD16 foi identificado como o FcγRIIIa (CD16a) e FcγRIIIb (CD16b).[1] O CD16 pode utilizarse para illar poboacións das células que o conteñen por medio de anticorpos dirixidos contra o CD16, utilizando FACS (selección de células activadas por fluorescencia) ou MACS (selección de células activadas por magnetismo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Janeway, Jr; et al. (2000). Inmunobiología. Masson, SA. ISBN 84-458-1176-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- CD16+Antigens no MeSH [1]