Mundial de Fútbol de 1986
A Copa do Mundo da FIFA 1986 (en castelán: Copa Mundial de Fútbol México '86) foi a décimo terceira edición do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. Vinte e catro equipos participaron nesta edición, organizada en México entre o 31 de maio e o 29 de xuño de 1986. Inicialmente o torneo ía celebrarse en Colombia mais, debido principalmente a razóns económicas, o país suramericano renunciou, sendo escollido México como nova sede e converténdose así no primeiro país en organizar o mundial en máis dunha ocasión.[1]
O campión do torneo foi a selección da Arxentina, a cal conseguiu o seu segundo título após o obtido en 1978. O combinado arxentino conseguiu o título após venceren na final á Alemaña Federal no Estadio Azteca de Cidade de México por 3−2. O xogador máis destacado da selección arxentina e do torneo,[2] foi Diego Armando Maradona. Son lembrados principalmente os seus dous goles na eliminatoria de cuartos de final ante Inglaterra: a "man de Deus", gol anotado coa man, e o votado como "gol do século".[3] Alén deses dous goles, Maradona anotou outros tres e repartiu cinco asistencias ao seus compañeiros. A asistencia total aos xogos do torneo foi de 2 394 031, o que fai unha media de 46 039 por partido.[4]
O fomrato de competición deste torneo mudou con respecto á anterior edición de 1982. Por un lado, os encontros da última xornada da fase de grupos foron xogados á mesma hora após o acontecido no encontro entre a Alemaña Federal e Austria no que se pactou de antemán un resultado que beneficiaba a ambos equipos.[5] Por outro lado, en lugar de celebrarse dúas fases de grupos, apóa a primeira o resto do torneo foi xogado en formato de eliminatorias. Así, os dous primeiros de cada grupos, máis os catro mellores terceiros, xogaron unha eliminatoria de dezaseis equipos a partido único. Debutaron nesta edición as seleccións do Canadá, Dinamarca e Iraq.
Elección da sede
[editar | editar a fonte]En xuño de 1974, Colombia foi escollido como país organizador da Copa do Mundo de 1986, sendo as futuras sedes as cidades de Bogotá, Medellín, Cali, Pereira e Bucaramanga, así como a posibilidade de incluír tamén Barranquilla.[6]
Resultados da votación | |
---|---|
País | Votos |
Colombia |
Colombia aceptou acoller un torneo para dezaseis equipos, porén, a FIFA permitiu a expansión do torneo a 24 no edición de 1982 en España, o cal dificultaba a loxistica da organización.[6] O 25 de outubro de 1982, o Presidente de Colombia Belisario Betancur anunciu a cancelación da organización do evento debido á imposibilidade de cumprir os requisitos mínimos fixados polo Comité Executivo da FIFA. Esta renuncia foi confirmada pola o 5 de novembro dese mesmo ano.[7] Para a elección da nova sede houbo catro países candidatos: o Canadá, o Brasil, os Estados Unidos e México. Con todo, o Brasil retirouse pouco antes da designación, o Canadá non tiña suficientes instalacións futbolísticas e os Estados Unidos non tiñan moitos apoios, polo que preferiron prepararse para organizar unha mellor para a edición de 1994. Ditos países decidiron entón apoiar a candidatura mexicana.
Resultados da votación | |
---|---|
País | Votos |
México | |
Canadá | |
Estados Unidos |
Así, México foi escollida o 20 de maio de 1983 como sede do Mundial de 1986. Após teren organizado a edición de 1970, convertéronse no primeiro en país en albergar dúas edicións do torneo. Con todo, a realización do torneo no país norteamericano estivo en perigo ao terremoto de México de 1985, o cal afectou principalmente á Cidade de México e aos seus estados veciños a mañá do 19 de setembro. Este acontecemento provocou a morte de máis de 10 000 persoas, así como considerábeis dnos materiais, polo que o comité organizador chegou a pensar na suspensión do torneo. Porén, os estadios designados como escenarios dos encontros, así como as diferentes infraestruturas futbolísticas, non resultaron afectados, polo que se decidiu continuar coa organización do evento.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Lista de participantes
[editar | editar a fonte]Os seguintes foron os vinte e catro equipos participantes nesta edición do torneo.
|
|
|
Sedes
[editar | editar a fonte]Once cidades acolleron esta edición do mundial. O Estadio Azteca de Cidade de México foi o recinto con maior capacidade do torneo. Nel xogáronse nove encontros, incluíndo a final, sendo así o estadio máis utilizado. Alén dos nove encontros do Azteca, a Cidade de México albergou en total trece encontros, xa que o Estadio Olímpico Universitario acolleu outros catro encontros. Na área metropolitana da capital do país, concretamente en Nezahualcoyotl, xogáronse outros tres encontros, polo que se pode dicir que a área da capital acolleu dezaseis encontros, practicamente un terzo de todos os partidos do mundial. A segunda cidade máis grande de México, Guadalaxara, acolleu un total de dez encontros, sete no Estadio Jalisco e tres no Estadio Tres de Marzo de Zapopan. Por outra banda, Monterrey acolleu oito, catro no Estadio Tecnológico e outros catro no Estadio Universitario de San Nicolás de los Garza. Finalmente, o Estadio Cuauhtémoc de Puebla acolleu cinco encontros.
Cidade de México | Guadalaxara | Puebla | |
---|---|---|---|
Estadio Azteca | Estadio Olímpico Universitario | Estadio Jalisco | Estadio Cuauhtémoc |
Capacidade: 114 600 | Capacidade: 72 212 | Capacidade: 66 193 | Capacidade: 46 416 |
San Nicolás de los Garza (área de Monterrey) |
Querétaro | ||
Estadio Universitario | Estadio Corregidora | ||
Capacidade: 43 780 | Capacidade: 38 576 | ||
Nezahualcóyotl (área da Cidade de México) |
Monterrey | ||
Estadio Neza 86 | Estadios en Cidade de México | Estadio Tecnológico | |
Capacidade: 34 536 | Capacidade: 33 805 | ||
Toluca | Irapuato | León | Zapopan (área de Guadalaxara) |
Estadio Nemesio Díez | Estadio Sergio León Chávez | Estadio León | Estadio Tres de Marzo |
Capacidade: 32 612 | Capacidade: 31 336 | Capacidade: 30 531 | Capacidade: 30 015 |
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arxentina | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 6 | 2 | +4 |
Italia | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 | +1 |
Bulgaria | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 4 | −2 |
Corea do Sur | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 7 | −3 |
Bulgaria | 1 - 1 | Italia | 31 de maio de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 96.000 Árbitro: Erik Fredriksson (Suecia) |
Sirakov 85' | Informe |
Altobelli 44' | |
Arxentina | 3 - 1 | Corea do Sur | 2 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Olímpico Universitario, Cidade de México Asistencia: 60.000 Árbitro: Victoriano Sánchez Arminio (España) |
Valdano 6' 46' Ruggeri 18' |
Informe |
Park Chang-Sun 73' | |
Italia | 1 - 1 | Arxentina | 5 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 32.000 Árbitro: Jan Keizer (Países Baixos) |
Altobelli 6' (pen.) | Informe |
Maradona 34' | |
Corea do Sur | 1 - 1 | Bulgaria | 5 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Olímpico Universitario, Cidade de México Asistencia: 45.000 Árbitro: Fallaj Al Shanar (Arabia Saudita) |
Kim Jong-Boo 70' | Informe |
Getov 11' | |
Arxentina | 2 - 0 | Bulgaria | 10 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Olímpico Universitario, Cidade de México Asistencia: 65.000 Árbitro: Berny Ulloa Morera (Costa Rica) |
Valdano 4' Burruchaga 77' |
Informe |
||
Corea do Sur | 2 - 3 | Italia | 10 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 20.000 Árbitro: David Socha (Estados Unidos) |
Choi Soon-Ho 62' Huh Jung-Moo 83' |
Informe |
Altobelli 17' 73' Cho Kwang-Rae 82' (p.m.) | |
Grupo B
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
México | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 2 | +2 |
Paraguai | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 4 | 3 | +1 |
Bélxica | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 5 | 0 |
Iraq | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 4 | −3 |
Bélxica | 1 - 2 | México | 3 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 110.000 Árbitro: Carlos Alfonso Espósito (Arxentina) |
Vandenbergh 45' | Informe |
Quirarte 23' Sánchez 39' | |
Paraguai | 1 - 0 | Iraq | 4 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Nemesio Díez, Toluca Asistencia: 24.000 Árbitro: Edwin Picon-Ackong (Mauricio) |
Romero 35' | Informe |
||
México | 1 - 1 | Paraguai | 7 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 114.600 Árbitro: George Courtney (Inglaterra) |
Flores 3' | Informe |
Romero 85' | |
Iraq | 1 - 2 | Bélxica | 8 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Nemesio Díez, Toluca Asistencia: 20.000 Árbitro: Jesús Díaz Palacio (Colombia) |
Radhi 59' | Informe |
Scifo 16' Claesen 21' (pen.) | |
Paraguai | 2 - 2 | Bélxica | 11 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Nemesio Díez, Toluca Asistencia: 16.000 Árbitro: Bogdan Dotchev (Bulgaria) |
Cabañas 50' 76' | Informe |
Vercauteren 30' Veyt 59' | |
Iraq | 0 - 1 | México | 11 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 103.763 Árbitro: Zoran Petrović (Iugoslavia) |
Informe |
Quirarte 54' | ||
Grupo C
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Unión Soviética | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 9 | 1 | +8 |
Francia | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 1 | +4 |
Hungría | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 9 | −7 |
Canadá | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 5 | −5 |
Canadá | 0 - 1 | Francia | 1 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 36.000 Árbitro: Hernán Silva Arce (Chile) |
Informe |
Papin 79' | ||
Unión Soviética | 6 - 0 | Hungría | 2 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Sergio León Chávez, Irapuato Asistencia: 16.500 Árbitro: Luigi Agnolin (Italia) |
Yakovenko 2' Aleinikov 4' Belanov 24' (pen.) Yaremchuk 66' Dajka 73' (p.m.) Rodionov 80' |
Informe |
||
Francia | 1 - 1 | Unión Soviética | 5 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio León, León Asistencia: 36.540 Árbitro: Romualdo Arppi Filho (Brasil) |
Fernández 62' | Informe |
Rats 53' | |
Hungría | 2 - 0 | Canadá | 6 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Sergio León Chávez, Irapuato Asistencia: 13.800 Árbitro: Jamal Al Sharif (Siria) |
Esterházy 2' Détári 75' |
Informe |
||
Unión Soviética | 2 - 0 | Canadá | 9 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Sergio León Chávez, Irapuato Asistencia: 14.200 Árbitro: Idrissa Traoré (Malí) |
Blokhin 58' Zavarov 74' |
Informe |
||
Hungría | 0 - 3 | Francia | 9 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio León, León Asistencia: 31.420 Árbitro: Carlos Silva Valente (Portugal) |
Informe |
Stopyra 29' Tigana 62' Rocheteau 84' | ||
Grupo D
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brasil | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 5 | 0 | +5 |
España | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 2 | +3 |
Irlanda do Norte | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 |
Alxeria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 5 | −4 |
España | 0 - 1 | Brasil | 1 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 35.748 Árbitro: Chris Bambridge (Australia) |
Informe |
Sócrates 62' | ||
Alxeria | 1 - 1 | Irlanda do Norte | 3 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Tres de Marzo, Zapopan Asistencia: 22.000 Árbitro: Valeri Butenko (Unión Soviética) |
Zidane 59' | Informe |
Whiteside 6' | |
Brasil | 1 - 0 | Alxeria | 6 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 48.000 Árbitro: Rómulo Méndez Molina (Guatemala) |
Careca 66' | Informe |
||
Irlanda do Norte | 1 - 2 | España | 7 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Tres de Marzo, Zapopan Asistencia: 28.000 Árbitro: Horst Brummeier (Austria) |
Clarke 46' | Informe |
Butragueño 1' Salinas 18' | |
Alxeria | 0 - 3 | España | 12 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Tecnológico, Monterrey Asistencia: 23.980 Árbitro: Shizuo Takada (Xapón) |
Informe |
Calderé 15' 68' Eloy 70' | ||
Irlanda do Norte | 0 - 3 | Brasil | 12 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 51.000 Árbitro: Siegfried Kirschen (Alemaña Democrática) |
Informe |
Careca 15' 87' Josimar 42' | ||
Grupo E
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dinamarca | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 9 | 1 | +8 |
Alemaña Federal | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 4 | −1 |
Uruguai | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 7 | −5 |
Escocia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 3 | −2 |
Uruguai | 1 - 1 | Alemaña Federal | 4 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Corregidora, Querétaro Asistencia: 30.500 Árbitro: Vojtěch Christov (Checoslovaquia) |
Alzamendi 4' | Informe |
Allofs 84' | |
Escocia | 0 - 1 | Dinamarca | 4 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Neza 86, Nezahualcóyotl Asistencia: 18.000 Árbitro: Lajos Németh (Hungría) |
Informe |
Elkjær Larsen 57' | ||
Alemaña Federal | 2 - 1 | Escocia | 6 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Corregidora, Querétaro Asistencia: 30.000 Árbitro: Ioan Igna (Romanía) |
Völler 23' Allofs 49' |
Informe |
Strachan 18' | |
Dinamarca | 6 - 1 | Uruguai | 8 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Neza 86, Nezahualcóyotl Asistencia: 26.500 Árbitro: Antonio Márquez Ramírez (México) |
Elkjær Larsen 11' 67' 80' Lerby 41' Laudrup 52' J. Olsen 88' |
Informe |
Francescoli 45' (pen.) | |
Dinamarca | 2 - 0 | Alemaña Federal | 13 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Corregidora, Querétaro Asistencia: 36.000 Árbitro: Alexis Ponnet (Bélxica) |
J. Olsen 43' (pen.) Eriksen 62' |
Informe |
||
Escocia | 0 - 0 | Uruguai | 13 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Neza 86, Nezahualcóyotl Asistencia: 20.000 Árbitro: Joël Quiniou (Francia) |
Informe |
|||
Grupo F
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marrocos | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 3 | 1 | +2 |
Inglaterra | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 1 | +2 |
Polonia | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 3 | −2 |
Portugal | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | −2 |
Marrocos | 0 - 0 | Polonia | 2 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Universitario, Monterrey Asistencia: 19.900 Árbitro: José Luis Martínez Bazán (Uruguai) |
Informe |
|||
Portugal | 1 - 0 | Inglaterra | 3 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Tecnológico, Monterrey Asistencia: 23.000 Árbitro: Volker Roth (Alemaña Federal) |
Carlos Manuel 76' | Informe |
||
Inglaterra | 0 - 0 | Marrocos | 6 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Tecnológico, Monterrey Asistencia: 20.020 Árbitro: Efrain Gabriel González Roa (Paraguai) |
Informe |
|||
Polonia | 1 - 0 | Portugal | 7 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Universitario, Monterrey Asistencia: 19.915 Árbitro: Ali Bin Nasser (Tunisia) |
Smolarek 68' | Informe |
||
Inglaterra | 3 - 0 | Polonia | 11 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Universitario, Monterrey Asistencia: 22.700 Árbitro: André Daina (Suíza) |
Lineker 15' 87' 42' | Informe |
||
Portugal | 1 - 3 | Marrocos | 12 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Tres de Marzo, Zapopan Asistencia: 28.000 Árbitro: Alan Snoddy (Irlanda do Norte) |
Diamantino 80' | Informe |
Khairi 19' 26' Krimau 62' | |
Mellores terceiros
[editar | editar a fonte]As catro mellores seleccións que finalizaron en terceiro lugar en cada un dos seis grupos clasificáronse para a seguinte fase.
Equipo | G | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bélxica | B | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 5 | 0 |
Polonia | F | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 3 | −2 |
Bulgaria | A | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 4 | −2 |
Uruguai | E | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 7 | −5 |
Hungría | C | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 9 | −7 |
Irlanda do Norte | D | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 |
Eliminatorias
[editar | editar a fonte]Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
C. México (Azteca), 15 de xuño | ||||||||||||||
México | 2 | |||||||||||||
Monterrey, 21 de xuño | ||||||||||||||
Bulgaria | 0 | |||||||||||||
México | 0(1) | |||||||||||||
Monterrey, 17 de xuño | ||||||||||||||
Alemaña Federal | 0(4) | |||||||||||||
Marrocos | 0 | |||||||||||||
Guadalaxara, 25 de xuño | ||||||||||||||
Alemaña Federal | 1 | |||||||||||||
Alemaña Federal | 2 | |||||||||||||
Guadalaxara, 16 de xuño | ||||||||||||||
Francia | 0 | |||||||||||||
Brasil | 4 | |||||||||||||
Guadalaxara, 21 de xuño | ||||||||||||||
Polonia | 0 | |||||||||||||
Brasil | 1(3) | |||||||||||||
C. México (Olímp.), 17 de xuño | ||||||||||||||
Francia | 1(4) | |||||||||||||
Italia | 0 | |||||||||||||
C. México (Azteca), 29 de xuño | ||||||||||||||
Francia | 2 | |||||||||||||
Alemaña Federal | 2 | |||||||||||||
León, 15 de xuño | ||||||||||||||
Arxentina | 3 | |||||||||||||
Unión Soviética | 3 | |||||||||||||
Puebla, 22 de xuño | ||||||||||||||
Bélxica | 4 | |||||||||||||
Bélxica | 1(5) | |||||||||||||
Querétaro, 18 de xuño | ||||||||||||||
España | 1(4) | |||||||||||||
Dinamarca | 1 | |||||||||||||
C. México (Azteca), 25 de xuño | ||||||||||||||
España | 5 | |||||||||||||
Bélxica | 0 | |||||||||||||
Puebla, 16 de xuño | ||||||||||||||
Arxentina | 2 | Terceiro posto | ||||||||||||
Arxentina | 1 | |||||||||||||
C. México (Azteca), 22 de xuño | Puebla, 28 de xuño | |||||||||||||
Uruguai | 0 | |||||||||||||
Arxentina | 2 | Francia | 4 | |||||||||||
C. México (Azteca), 18 de xuño | ||||||||||||||
Inglaterra | 1 | Bélxica | 2 | |||||||||||
Inglaterra | 3 | |||||||||||||
Paraguai | 0 | |||||||||||||
Oitavos de final
[editar | editar a fonte]México | 2 - 0 | Bulgaria | 15 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 114.580 Árbitro: Romualdo Arppi Filho (Brasil) |
Negrete 34' Servín 61' |
Informe |
||
Marrocos | 0 - 1 | Alemaña Federal | 17 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Universitario, Monterrey Asistencia: 19.800 Árbitro: Zoran Petrović (Iugoslavia) |
Informe |
Matthäus 87' | ||
Brasil | 4 - 0 | Polonia | 16 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 45.000 Árbitro: Volker Roth (Alemaña Federal) |
Sócrates 30' (pen.) Josimar 55' Edinho 79' Careca 83' (pen.) |
Informe |
||
Italia | 0 - 2 | Francia | 17 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Olímpico Universitario, Cidade de México Asistencia: 70.000 Árbitro: Carlos Alfonso Espósito (Arxentina) |
Informe |
Platini 15' Stopyra 57' | ||
Unión Soviética | 3 - 4 | Bélxica | 15 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 32.277 Árbitro: Erik Fredriksson (Suecia) |
Belanov 27' 70' 111' (pen.) | Informe |
Scifo 56' Ceulemans 77' Demol 102' Claesen 110' | |
Dinamarca | 1 - 5 | España | 17 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Corregidora, Querétaro Asistencia: 38.500 Árbitro: Jan Keizer (Países Baixos) |
J. Olsen 33' (pen.) | Informe |
Butragueño 43' 56' 80' 88' (pen.) Goikoetxea 58' (pen.) | |
Arxentina | 1 - 0 | Uruguai | 16 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 26.000 Árbitro: Luigi Agnolin (Italia) |
Pasculli 42' | Informe |
||
Inglaterra | 3 - 0 | Paraguai | 18 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 98.728 Árbitro: Jamal Al Sharif (Siria) |
Lineker 31' 73' Beardsley 56' |
Informe |
||
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]Alemaña Federal | 0 - 0 (Penaltis 4 - 1) |
México | 21 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Universitario, Monterrey Asistencia: 41.700 Árbitro: Jesús Díaz Palacio (Colombia) |
Allofs Brehme Matthäus Littbarski |
Informe |
Negrete Quirarte Servín | |
Brasil | 1 - 1 (Penaltis 3 - 4) |
Francia | 21 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Universitario, Monterrey Asistencia: 19.800 Árbitro: Zoran Petrović (Iugoslavia) |
Careca 17' Sócrates Alemão Zico Branco Júlio César |
Informe |
Platini 40' Stopyra Amoros Bellone Platini Fernández | |
España | 1 - 1 (Penaltis 4 - 5) |
Bélxica | 22 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 45.000 Árbitro: Siegfried Kirschen (Alemaña Democrática) |
Señor 85' Señor Eloy Chendo Butragueño Víctor |
Informe |
Ceulemans 35' Claesen Scifo Broos Vervoort Van der Elst | |
Arxentina | 2 - 1 | Inglaterra | 22 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 114.580 Árbitro: Ali Bin Nasser (Tunisia) |
Maradona 51' 55' | Informe |
Lineker 81' | |
Semifinais
[editar | editar a fonte]Francia | 0 - 2 | Alemaña Federal | 25 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 45.000 Árbitro: Luigi Agnolin (Italia) |
Informe |
Brehme 9' Völler 90' | ||
Arxentina | 2 - 0 | Bélxica | 25 de xuño de 1986, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 114.500 Árbitro: Antonio Márquez Ramírez (México) |
Maradona 51' 63' | Informe |
||
Terceiro posto
[editar | editar a fonte]Francia | 4 - 2 | Bélxica | 28 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 21.000 Árbitro: George Courtney (Inglaterra) |
Ferreri 27' Papin 43' Genghini 104' Amoros 111' (pen.) |
Informe |
Ceulemans 11' Claesen 73' | |
Final
[editar | editar a fonte]Arxentina | 3 - 2 | Alemaña Federal | 29 de xuño de 1986, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 114.600 Árbitro: Romualdo Arppi Filho (Brasil) |
Brown 23' Valdano 56' Burruchaga 84' |
Informe |
Rummenigge 74' Völler 81' | |
Campión do Mundo |
---|
Arxentina Segundo título |
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Goleadores
[editar | editar a fonte]Gary Lineker recibiu a Bota de Ouro ao anotar seis goles.[2] En total, foron marcados 132 goles por 82 xogadores, sendo dous deles considerados en propia meta.
- 6 goles
|
|
|
- 2 goles
- 1 gol
- Autogoles
- László Dajka (contra a Unión Soviética)
- Cho Kwang-rae (contra Italia)
Premios
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os premios outogados pola FIFA aos futbolistas máis destacados do torneo:[2]
- Balón de Ouro ao mellor xogador: Diego Maradona
- Bota de Ouro ao máximo goleador: Gary Lineker
- Calzado de Prata ao segundo máximo goleador: Emilio Butragueño, Careca, Diego Maradona
- Mellor xogador novo: Enzo Scifo
- Premio ao xogo limpo: Brasil
Clasificación retrospectiva
[editar | editar a fonte]Despois do torneo, a FIFA publicou unha clasificación de todos os equipos que competiron na fase final do mundial baseada no progreso da competición, os resultados golbais e a calidade do opoñente.[8]
P | Selección | G | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Arxentina | A | 7 | 6 | 1 | 0 | 14 | 5 | +9 | 13 |
2 | Alemaña Occidental | E | 7 | 3 | 2 | 2 | 8 | 7 | +1 | 8 |
3 | Francia | C | 7 | 4 | 2 | 1 | 12 | 6 | +6 | 10 |
4 | Bélxica | B | 7 | 2 | 2 | 3 | 12 | 15 | −3 | 6 |
Eliminados en cuartos de final | ||||||||||
5 | Brasil | D | 5 | 4 | 1 | 0 | 10 | 1 | +9 | 9 |
6 | México | B | 5 | 3 | 2 | 0 | 6 | 2 | +4 | 8 |
7 | España | D | 5 | 3 | 1 | 1 | 11 | 4 | +7 | 7 |
8 | Inglaterra | F | 5 | 2 | 1 | 2 | 7 | 3 | +4 | 5 |
Eliminados en oitavos de final | ||||||||||
9 | Dinamarca | E | 4 | 3 | 0 | 1 | 10 | 6 | +4 | 6 |
10 | Unión Soviética | C | 4 | 2 | 1 | 1 | 12 | 5 | +7 | 5 |
11 | Marrocos | F | 4 | 1 | 2 | 1 | 3 | 2 | +1 | 4 |
12 | Italia | A | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 6 | −1 | 4 |
13 | Paraguai | B | 4 | 1 | 2 | 1 | 4 | 6 | −2 | 4 |
14 | Polonia | F | 4 | 1 | 1 | 2 | 1 | 7 | −6 | 3 |
15 | Bulgaria | A | 4 | 0 | 2 | 2 | 2 | 6 | −4 | 2 |
16 | Uruguai | E | 4 | 0 | 2 | 2 | 2 | 8 | −6 | 2 |
Eliminados na fase de grupos | ||||||||||
17 | Portugal | F | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | −2 | 2 |
18 | Hungría | C | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 9 | −7 | 2 |
19 | Escocia | E | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 3 | −2 | 1 |
20 | Corea do Sur | A | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 7 | −3 | 1 |
21 | Irlanda do Norte | D | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 | 1 |
22 | Alxeria | D | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 5 | −4 | 1 |
23 | Iraq | B | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 4 | −3 | 0 |
24 | Canadá | C | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 5 | −5 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chica García, A. (1 de xullo de 2018). "Colombia 86, la historia detrás del Mundial que no fue" [Colombia 86, a historia detrás do Mundial que non foi]. Infobae (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "1986 FIFA World Cup USA: Awards" [Copa do Mundo da FIFA México 1986: Premios]. FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2020. Consultado o 06 de agosto de 2020.
- ↑ "El gol del siglo" [O gol do século]. Deutsche Welle (en castelán). 31 de maio de 2002.
- ↑ Magaña, D. (26 de marzo de 2018). "Estados Unidos 94, el Mundial que registra mayor asistencia" [Estados Unidos 94, o Mundial que rexistra maior asistencia]. AS (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 07 de agosto de 2020.
- ↑ "The Game that Changed the World Cup — Algeria" [O xogo que mudou a Copa do Mundo − Alxeria]. Algeria (en inglés).
- ↑ 6,0 6,1 Maier, Hanns J (Xuño de 1979). "1986 - World Cup without a home?" [1986 - Mundial sen lar?]. World Soccer (en inglés): 24–25.
- ↑ "Colombia renunció a la sede del Mundial 1986" [Colombia renunciou á sede do Mundial de 1986] (en castelán). ESPN. 4 de maio de 2018.
- ↑ "All-time FIFA World Cup Ranking 1930–2010" [Clasificación histórica da Copa do Mundo da FIFA 1930–2010] (PDF) (en inglés). FIFA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web sobre o mundial en da FIFA.com Arquivado 26 de xullo de 2020 en Wayback Machine.