[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ñora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capsicum annuum cultivar Ñora inmatura in situ.
Ñora submadura in situ.
Sementes soltas.
Pementos bólas/ñoras maduros.
Ñora secada.

A ñora é unha variedade cultivada de pemento (Capsicum annuum) tradicional do Levante español, de pequeno tamaño, forma arredondada e pel de cor encarnada, que se utiliza preferentemente desecado ao sol como condimento[1]. Denomínase bola en Alacante e Murcia, onde se considera orixinaria. Ten un sabor doce e é moi utilizada na gastronomía do Levante español, especialmente na Rexión de Murcia, a Comunidade Valenciana (Alacante) e en Cataluña.

En Cataluña utilízase tamén en sofritos e arroces, pero sobre todo é o ingrediente principal e característico da salsa romesco, que adereza a típica ensalada xató e que combina tan ben con todo tipo de verduras, carnes e peixes que, xunto co allioli, nunca falta nas grelladas catalás. Tamén é o ingrediente característico da salsa de calçots que se prepara nas calçotades.

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine., Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega