Solenodon paradoxus
Solenodon paradoxus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución da especie.
|
Solenodon paradoxus é unha especie do xénero Solenodon que habita soamente na illa da Española, a illa dividida entre os modenos estados da República Dominicana e Haití. A especie foi descrita por vez primeira por Brandt en 1833. Unha especie semellante pero máis cativa (Solenodon marcanoi), tamén habitou outrora na illa, mais extinguiuse após a colonización europea.
Descuberta
En 1833, a Academia de Ciencias de Rusia recibiu un novo espécime procedente de Haití. Desconcertado polo animal, o naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt chamouno Solenodon paradoxus. Non se coñecía máis información sobre o animal, agás a súa relación coa especie Solenodon cubanus descuberta en 1861, e durante un tempo considerouse extinto. Addison Emery Verrill e Alpheus Hyatt Verrill redescubriron a especie na República Dominicana en 1907, mais en 1964 considerouse de novo extinto.[2]
Notas
- ↑ Turvey, S. "Solenodon paradoxus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Ley, Willy (decembro de 1964). "The Rarest Animals". For Your Information. Galaxy Science Fiction: 94–103.