Johann Friedrich von Brandt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1802 Jüterbog, Alemaña |
Morte | 3 de xullo de 1879 (Xuliano) (77 anos) Meriküla (Imperio Ruso) |
Lugar de sepultura | Smolensky Lutheran Cemetery (en) |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Halle-Wittenberg |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía, ciencias naturais, medicina e botánica |
Lugar de traballo | San Petersburgo |
Ocupación | biólogo, entomólogo, profesor universitario, carcinólogo, ictiólogo, naturalista, académico, botánico, ornitólogo, zoólogo, médico |
Empregador | Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Alumnos | Eduard Brandt (en) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Brandt |
Abreviatura do autor en zooloxía | Brandt |
Arquivos en |
|
Familia | |
Fillos | Alexander Brandt, Roman Brandt |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Johann Friedrich von Brandt, nado en Jüterbog (Margraviato de Brandeburgo, Sacro Imperio Romano Xermánico) o 25 de maio de 1802 e finado en Meriküla (Estonia, Imperio Ruso) o 15 de xullo de 1879, foi un naturalista alemán, especializado en botánica e zooloxía, que traballou no Reino de Prusia e no Imperio Ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Brandt naceu en Jüterbog o 25 de maio de 1802, poucos anos antes do desmembramento do Sacro Imperio Romano Xermánico e da incorporación da súa vila natal, e de todo o Margraviato de Brandeburgo na que se encadraba, no novo Reino de Prusia.
Educouse nun Gymnasium de Wittenberg e nas Universidades de Halle-Wittenberg e Humboldt de Berlín.
En 1831 foi nomeado director do Departamento de Zooloxía da Academia das Ciencias de San Petersburgo, onde publicou en ruso.
Brandt fomentou a colección de animais nativos, moitos dos cales non estaban representados no Museo. Empezaron a chegar alí moitos exemplares das expedicións de Nikolai Severtzov, Nikolai Przewalsky, Alexander von Middendorf, Alexander von Schrenk e Gustav Radde.
Describiu numerosas aves recollidas por exploradores rusos da costa do Pacífico de América do Norte, entre elas Phalacrocorax penicillatus, Antagalla brevirostris e Somateria fischeri.
Brandt tamén foi entomólogo especializado nos coleópteros.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Botánica
[editar | editar a fonte]- Flora berolinensis, 1824, 1825
- . Abbildung und Beschreibung der in Deutschland wildwachsenden Giftgewächse (con P. Phoebus e J. T. C. Ratzeburg). 1828–1838, 2ª ed. 1838.
- Abbildung und Beschreibung der in Deutschland wild wachsenden und in Gärten im Freien ausdauernden Giftgewächse nach natürlichen Familien erläutert, v. 1. Hirschwald, Berlin 1834. 2 tomos edición dixitalizada en Universitäts- und Landesbibliothek Düsseldorf.
- Abbildung und Beschreibung der in Deutschland wild wachsenden und in Gärten im Freien ausdauernden Giftgewächse nach natürlichen Familien erläutert, v. 2, con P. Phoebus e J. T. C. Ratzeburg), Berlin 1838 edición dixitalizada en Universitäts- und Landesbibliothek Düsseldorf
- Deutschlands phanerogamische Giftgewächse in Abbildungen und Beschreibungen. Hirschwald in Comm. Berlin, 1834
- Getreue Darstellung und Beschreibung der in der Arzneykunde gebräuchlichen Gewächse, con Friedrich Gottlob Hayne.
- Getreue Darstellung und Beschreibung der in der Arzneykunde gebräuchlichen Gewächse wie auch solcher, welche mit ihnen verwechselt werden können. 12 v. 1805–1856 (seguido por Johann Friedrich Brandt, Julius Theodor Christian Ratzeburg e Johann Friedrich Klotzsch) edición dixitalizada en Universitäts- und Landesbibliothek Düsseldorf.
Zooloxía
[editar | editar a fonte]- Medizinische Zoologie oder getreue Darstellung und Beschreibung der Thiere, die in der Arzneimittellehre in Betracht kommen, v. 1. Berlin, 1829.
- Medizinische Zoologie oder getreue Darstellung und Beschreibung der Thiere, die in der Arzneimittellehre in Betracht kommen, v. 2. Berlin, 1833.
Agúns taxons descritos por von Brandt
[editar | editar a fonte]- Acipenser baerii
- Acipenser gueldenstaedtii
- Acipenser schrenckii
- Aeginopsis
- Agalmatidae
- Chenonetta
- Chrysaora fuscescens
- Chrysaora melanaster
- Eudyptes chrysolophus
- Glomerida
- Holochilus
- Hystricomorpha
- Lagomorpha
- Myomorpha
- Otospermophilus
- Phalacrocorax penicillatus
- Phalacrocorax sulcirostris
- Pteromyini
- Pycnopodia helianthoides
- Solenodon paradoxus
- Spermophilus dauricus
- Spermophilus erythrogenys
- Spirostreptus
- Trachelipus rathkii
- Trachelipus ratzeburgii
Honores
[editar | editar a fonte]O Myotis brandtii (morcego de Brandt) e o Paraechinus hypomelas (ourizo de Brandt) nomeárose na súa honra.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Brandt emprégase para recoñecer a Johann Friedrich von Brandt como autoridade na descrición e taxonomía en botánica e en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Friedrich von Brandt |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johann Friedrich von Brandt |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Berühmte Persönlichkeiten und ihre Verbindung zu Wittenberg" von Heinrich Kühne und Heinz Motel im Verlag Göttinger Tageblatt 1990 ISBN 3-924781-17-6.
- "Heinrich Kühne erzählt Wittenberger Geschichten" Teil 3 herausgegeben in Druckerei Michelmann 1994.
- H. B. Geinitz. "Johann Friedrich Brandt". En: C. H. Knoblauch: Leopoldina – Amtliches Organ der Kaiserlichen Leopoldino-carolinischen deutschen Akademie der Naturforscher. Heft XVI –Nr. 3-4, febreiro 1880, Halle (Saale), pp. 20.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Johann Friedrich von Brandt". International Plant Names Index. Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).
- Anónimo 1877: Das fünfzigjährige Doktorjubiläum des Akademikers Geheimrat Johann Friedrich Brandt am 12.(24.) Januar 1976. St. Petersburg
- Anónimo 1879: [Brandt, J. F.] Botan. Ztg. 37 743
- Anónimo 1879: [Brandt, J. F.] Naturaliste Canad. 1 111
- Anónimo 1879: [Biography] Zool. Anz. 2 480
- Medvedev, G. S. 2000: [Brandt, J. F.] Trudy Russk. ent. Obsc. 71 6-22, Portr.
- Ratzeburg, J. T. C. 1874: Forstwissenschaftliches Schriftsteller-Lexikon. Berlin, Nicolai'sche Buchhandlung : X+1-516 72-76
- Strauch, A. 1889: Das zoologische Museum der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften zu St. Petersburg in seinem fünfzigjährigen Bestehen.