Santos García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Cesantes, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Juan Santos García Rodríguez, nado en Cesantes (Redondela), foi un agrarista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Santos García Casqueiro e Manuela Rodríguez Mós. Estivo emigrado na Arxentina. Retornou e instalouse en Cesantes. Traballou como canteiro municipal. Agrarista, foi secretario da Federación Agrícola de Redondela. Foi membro da mesa da II Asemblea Agraria de Galicia. Na República foi concelleiro de Redondela, continuou apoiando a Federación Agraria Provincial,[1][2] e foi elixido vogal da Federación Agraria de Redondela para 1936.[3] Pertenceu á masonaría.