[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cesantes, Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesantes
ConcelloRedondela[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°18′36″N 8°36′43″O / 42.31, -8.612
Área12 km²
Poboación3.370 hab. (2017)
Densidade280,83 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea rolda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é cesantino[2].

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome de Cesantes podería derivar da palabra celta "cee" (peirao) e "sanctes" (santo).

Lugares de Interese

[editar | editar a fonte]
Nocturna.
Peto de ánimas.

A parroquia de San Pedro de Cesantes contén un gran número de zonas de interese natural, ao estar integrada no fondo da Ría de Vigo.

Enseada de San Simón

[editar | editar a fonte]

A Enseada de San Simón na que se atopa a Illa de San Simón e a Illa de San Antón, coa estatua na honra de Jules Verne que na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarino relatou a súa estadía no fondo da Ría de Vigo, son dous dos atractivos naturais da parroquia.

Praia de Cesantes

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Praia de Cesantes.

O complexo da praia de Cesantes está integrado polo areal (duns 2.400 m de longo), un paseo marítimo e un espazo con dunas protexido en vías de recuperación. Esta praia é unha das poucas que se atopan entre as cidades de Pontevedra e Vigo, polo que no verán é moi concorrida polos bañistas. As súas augas tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico fan que esta praia sexa axeitada para a práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Illa de San Simón ao fondo.

Cesantes tiña 3.467 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 1.694 eran homes e 1.773 mulleres, distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.387 habitantes. A maioría desa poboación dedícase a actividades propias dunha vila mariñeira, tales como a pesca, o marisqueo ou o turismo.

Outros datos

[editar | editar a fonte]
Monólito na honra dos mariñeiros falecidos no accidente d' O'Bahía.

As festas máis importantes na parroquia son as Festas da Virxe do Carme, festa relixiosa e a Festa do Mariñeiro, de tipo gastronómica. As Festas do Carme celébranse o 21, 22 e 23 de xuño e destacan a procesión marítima da virxe e a tirada de fogos de luces.

A Festa do Mariñeiro, normalmente celebrada a mediados de agosto, consiste nunha gran fideuá que poden degustar todos os asistentes. Outra festa relixiosa importante é a Festa de San Pedro, na honra do patrón do pobo, ao que lle dá nome. Outros actos a destacar son a Travesía a nado ata a Illa de San Simón, na que se procede a un percorrido de 500 metros dende a praia ata a illa.

Cesantes ten varias asociación coma o Centro Cultural Recreativo, o club de Remo Cesantes ou un obradoiro de estudos locais que realiza actividades na parroquia, chamado Obradoiro de Estudos Locais, creado por familiares de Fernando Monroy.

A gran tradición mariñeira da parroquia viuse afectada pola traxedia do barco O'Bahía no 2004, no que morreron varios veciños da parroquia e aos que se lles dedicou un monólito na praia de Cesantes.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Cesantes

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Cesantes no concello de Redondela (Pontevedra)
O Carballiño | O Coto | Outeiro das Penas | San Pedro | San Simón

Parroquias de Redondela

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]