[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lavandeira real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lavandeira real,[2] Motacilla cinerea, é unha ave da orde dos paseriformes e familia dos motacílidos, dos que é a especie máis esvelta, e coa característica cola máis longa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha ave duns 19 cm de lonxitude, de coloración gris verdosa no dorso, e amarela na rabadilla e en partes inferiores. A cola está sempre en movemento, e voando amosa unha liña branca na á. Os machos diferéncianse das femias pola presenza neles dunha mancha negra na gorxa durante o período de reprodución.[3]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Ocupa o norte de África e gran parte de Europa, estendéndose por Asia até o Xapón,[4] estando representada por varias subespecies.[5] A poboación ibérica peninsular nidifica nas zonas montañosas, acudindo na invernada ás chairas cerealeiras e campiñas, procedente do centro e norte de Europa, morando na península uns seis meses, chegando de agosto a novembro, e retornando ás súas áreas de procedencia entre febreiro e abril.[6]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes subespecies:[7]

  • M. cinerea canariensis Hartert, 1901, nas Illas Canarias, onde se coñece como alpispa.[8]
  • M. cinerea cinerea, no Norte de África e Eurasia.
  • M. cinerea patriciae Vaurie, 1957, nos Azores.
  • M. cinerea schmitzi Tschusi, 1900, en Madeira.

Comportamento

[editar | editar a fonte]
Motacilla cinerea schmitzi

Normalmente solitaria, vese cerca da auga movendo continuamente a cola. Polo chan desprázase dando lixeiros choutos, botando a cabeza cara a adiante. Os voos son tamén rápidos, con fortes xiros, para os que se axuda da súa longa cola.

Constrúe os seus niños en rochas próximas a ríos e regatos, xa que está moi ligada á auga, doce, de onde obtén a maioría dos dípteros dos que se alimenta. En inverno, co aumento da poboación polos individuos migradores, pode aniñar incluso en cidades. Realiza dúas postas anuais, de 4 a 6 ovos, incubados sobre todo pola femia. O macho ocúpase da alimentación dos pitiños.

En canto aos seus patróns sociais, as parellas móstranse territoriais na época reprodutora. En inverno forman pequenos grupos, podendo chegar a constituír dormitorios nalgunhas construcións.[7]

  1. BirdLife International (2010). "Motacilla cinerea". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 9 marzo 2011. 
  2. "Lavandeira". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  3. Aves de España, de Eduardo de Juana e Juan M. Varela, Páx. 156. ISBN 84-87334-88-1.
  4. Vida en el Campo Grande (Las aves silvestres), de Luis Magdaleno Tejero, Páx. 43. ISBN 978-84-96421-65-3
  5. Avibase - the world bird database
  6. Guía de las aves de Castilla y León, de Joaquín Sanz Zuasti e Tomás Velasco, Páx. 255. ISBN 84-933730-2-8.
  7. 7,0 7,1 Vertebrados ibéricos
  8. Ficha de conservación da Motacilla cinerea[Ligazón morta] Consejería de Medio Ambiente y Ordenación Territorial do Gobierno de Canarias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]