Luc Mbah a Moute
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1986 (38 anos) Yaoundé, Camerún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Montverde Academy (en) Universidade de California, Os Ánxeles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 104 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Camerún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 12 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2013 | 2013 FIBA Africa Championship (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2007 | 2007 FIBA Africa Championship (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Luc Richard Mbah a Moute, nado o 9 de setembro de 1986 en Yaoundé, é un xogador profesional camerunés de baloncesto. Mide 2,03 metros de altura e xoga na posición de ala ou ala-pivote. Ten status de príncipe na vila no que naceu, Bia Messe, preto de Yaoundé,[1] sendo fillo do xefe electo, Camille Moute à Bidias, o cal é un alto cargo do goberno oficial, dirixindo o Fondo Nacional de Emprego do Camerún.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante 3 tempadas cos Bruins da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA). No seu primeiro ano foi titular en 38 dos 39 partidos disputados polo seu equipo, facendo 9,1 puntos e 8,2 rebotes por partido.[2] O seu partido máis completo disputouno ante a Universidade de Oregón, conseguindo 15 puntos e 10 rebotes,[3] un dos oito dobres-dobres que logrou ao longo da tempada. Foi tamén determinante para a vitoria nas semifinais da Final Four que o seu equipo disputou ante Louisiana State, logrando 17 puntos, 9 rebotes e dous roubos de balón.[4] Foi finalmente elixido como mellor novato da Pacific Ten Conference.[2]
Na súa segunda tempada fixo 8,2 puntos, e liderou ao seu equipo con 7,4 rebotes por partido.[2] Iniciou moi ben o ano, xa que no seu primeiro partido logrou o seu récord persoal de anotación ante Brigham Young, anotando 24 puntos e capturando 11 rebotes,[5] pero o seu xogo volveuse intermitente, combinando boas actuacións con outras mediocres. O seu equipo volveu disputar a Final Four, mais a súa achega non foi tan determinante como o ano anterior.
Xa na súa tempada "júnior" o seu xogo resentiuse por culpa das lesións, que lle afastaron das pistas durante seis partidos. Aínda así conseguiu unha grande actuación na Final da NCAA ante Memphis, logrando 13 puntos e 12 rebotes, que non impediron a derrota do seu equipo.[6] No seu tres tempadas na NCAA promedió 8,7 puntos e 7,3 rebotes por partido.[7] O 16 de xuño de 2008 anunciou a súa intención de renunciar ao seu último ano como universitario, presentándose ao Draft da NBA.[8] Tras 34 anos, Mbah a Moute converteuse no primeiro xogador dos Bruins en disputar tres Final Four consecutivas, despois de que o lograsen nos anos 70 Bill Walton, Jamaal Wilkes e Greg Lee. Andre Hutson e Charlie Bell, de Michigan State, foron os outros dous xogadores que o lograron ao longo da historia da competición universitaria.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na trixésimo sétima posición, na segunda rolda do Draft de 2008 por Milwaukee Bucks, equipo co que formou un contrato multianual o 8 de xullo dese mesmo ano.[9] Disputou cinco partidos da liga de Verán que se desenvolveu en Las Vegas, facendo 9,0 puntos e 6,6 rebotes por partido.[10] Ao final da tempada 2008-09 fixo 7,2 puntos e 5,9 rebotes por partido en 82 encontros, nos cales saíu en 52 coma titular.
O 12 de xullo de 2013, Mbah a Moute foi traspasado ós Sacramento Kings.[11]
O 26 de novembro de 2013, Mbah a Moute foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio de Derrick Williams.[12].
O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Timberwolves, os Cleveland Cavaliers e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Mbah a Moute e Alexey Shved foron traspasados ós 76ers, xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os Timberwolves recibiron a Andrew Wiggins e Anthony Bennett de Cleveland, e a Thaddeus Young dos Sixers.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cameroon calling". Daily Bruin. Consultado o 2022-12-12.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Luc Mbah a Moute Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2010. Consultado o 09 de abril de 2010.
- ↑ UCLA vs. Oregon - Box Score - January 26, 2006
- ↑ LSU vs. UCLA - Box Score - April 01, 2006
- ↑ Brigham Young vs. UCLA - Box Score - November 15, 2006
- ↑ UCLA vs. Memphis - Box Score - April 05, 2008
- ↑ Ficha de Mbah a Moute en TDR
- ↑ "Luc Richard Mbah a Moute to Remain in NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2008. Consultado o 09 de abril de 2010.
- ↑ Bucks Sign Second Round Pick Luc Richard Mbah a Moute
- ↑ "Ficha de Mbah a Moute nas ligas de verán". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2008. Consultado o 09 de abril de 2010.
- ↑ KINGS ACQUIRE LUC MBAH A MOUTE
- ↑ "Wolves Acquire Luc Mbah a Moute from Sacramento". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Philadelphia 76ers Acquire 2015 First-round Pick From Minnesota". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de agosto de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en DraftExpress.com Arquivado 15 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1986
- Nados en Yaoundé
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto do Camerún
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Houston Rockets