[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cebú (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de decembro de 2023 ás 13:43 por Estevoaei (conversa | contribucións) ({{Xeografía política}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaCebú
Vista aérea
Imaxe

AlcumeCiudad Reina de Filipinas e Queen City of the Philippines Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°17′35″N 123°54′07″L / 10.293, 123.902
EstadoFilipinas
RexiónVisayas Centrais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Adlaon (en) Traducir
Agsungot (en) Traducir
Apas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 80+
Poboación
Poboación964.169 (2020) Editar o valor en Wikidata (3.060,85 hab./km²)
Número de fogares238.317 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadaLingua cebuana
lingua tagala Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie315 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude135 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Toledo (pt) Traducir
Balamban (pt) Traducir
Minglanilla (pt) Traducir
Mandaue (pt) Traducir
Talisay (pt) Traducir
Consolacion (pt) Traducir
Compostela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorMiguel López de Legazpi Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1565
24 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoSangguniang Panlungsod of Cebu City (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal6000 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico32 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcebucity.gov.ph Editar o valor en Wikidata
Monumento a Magallanes en Mactán, Cebú, Filipinas.
Erixido polo goberno de Isabel II.

A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é unha cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).

Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante de Filipinas. Ten numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.

Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.

Cando o explorador portugués ao servizo do imperio español Fernão de Magalhães arribou coa súa frota ao que hoxe é o arquipélago das Visayas, tras unha viaxe épica a través do Pacífico buscando as illas das Especias, os nativos sinaláronlle a Sugbo como o centro comercial do arquipélago, que xa era unha cidade próspera desde había 3 000 anos. Tiña relacións comerciais con China e outros países do Sueste asiático.

O 16 de marzo de 1521, os conquistadores chegaron a Cebú. Non foi sorprendente que o raxá Humabon e a súa esposa Humamay, que eran os caciques da cidade, lle deran a benvida sonrientes, xa que eran os primeiros occidentais que poñían pé a tierra naquela zona. Porén, hai que indicar que os forasteiros non eran estraños aos cebuanos, xa que desde había séculos, os barcos cargados con porcelana, seda, especias, ferro e outras mercadorías arribaban a porto, desde os puntos máis afastados de oriente.

Magalhães o primeiro que fixo foi plantar a cruz na cidade e bautizar aos nativos na fe católica; pero a inicial benvida tornouse rapidamente en rebelión fronte aos visitantes. Tras algunhas escaramuzas, un rei da veciña illa de Mactán, chamado Lapu-Lapu, asasinouno.

Elcano, que tomou o mando da frota española, completou a gran proeza, dando por primeira vez a volta ao mundo.

Tras corenta anos de interludio, en marzo de 1565 Miguel López de Legazpi desembarca na illa de Cebú con 380 homes. O 27 de abril de 1565 funda a Villa de San Miguel (actual Cebú), cabeceira dos dominios españois en Filipinas até 1571, e base para a conquista do arquipélago filipino.

Transcorreron cerca de cincocentos anos desde a chegada dos españois, e a cruz erixida por Magallaães continúa alzada no centro da cidade, símbolo da cristiandade, o legado —non o único— máis forte deixado por eles.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
Internacionais
Bandung, Indonesia
Yeosu, Corea do Sur
España Barcelona, España
Beersheba, Israel
Busan, Corea do Sur
Chula Vista, California, Estados Unidos
Seattle, Washington, Estados Unidos[1]
Guadalaxara, México[2]
Países Baixos Haarlemmermeer, Países Baixos
República Popular da China Xiamen, China
Kaoshiung, Taiwán
Australia Parramatta City, Australia
Bélxica Kortrijk, Bélxica
Portugal Sabrosa, Portugal[3]
Local
Butuan, Agusan del Norte
Davao City, Davao del Sur
Manila, Metro Manila
  1. "Seattle International Sister City: Cebu, Philippines". City of Seattle. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2014. 
  2. "Sister Cities, Public Relations". Guadalajara municipal government. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o March 12, 2013. 
  3. "Cebu, Portugal municipality formalize sister-city deal". Manila Bulletin. 30 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]