[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Blót

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de xullo de 2024 ás 13:31 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Dísablót, de August Malmström.

Un blót (antigo nórdico) era un sacrificio do paganismo nórdico ós deuses e os espíritos da terra. O sacrificio moitas veces tiña a forma dunha comida ou festa sacramental. Prácticas relacionadas foron realizadas por outros pobos xermánicos, como os pagáns anglosaxóns. O elemento de blót do sacrifico dun cabalo é atopado nas tradicións indoeuropeas, incluíndo as tradicións indias, celtas, e latinas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Crese que o nome deriva da acción de sacrificar, que era chamada blóta en antigo nórdico, blŏtan en gótico, blōtan en inglés antigo e blŏzan ou pluozan en antigo alto alemán.[1] O significado máis antigo da palabra parece ser "convocar con encantamentos" o filólogo noruegués Sophus Bugge suxeriu en 1879 que estaría relacionado coa palabra latina "flamen" (derivada dunha máis antiga, *flădmen).[1] Ámbalas dúas poderían ter a súa orixe na palabra protoindoeuropea *bhlād(s)men.[2]

O nome desta actividade pode que dese lugar ás palabras inglesas [to] bless ("bendicir") de *bloþisojan ("marcar con sangue"), ou blood, palabra que deriva do protoxermánico *blodam ("sangue").

  1. 1,0 1,1 "SAOL online.". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2013. 
  2. Blota en Svensk etymologisk ordbok por Elof Hellquist (1922).