Hermod
Hermod, Hermodr ou Hermóðr é, na mitoloxía nórdica, o deus enviado polos Æsir a Helheim para intentar que a súa raíña, Hela, devolva a Baldr a Asgard. É fillo de Odín e de Frigg. O seu nome significa ardente no combate. Chegou ás portas do inferno nórdico sobre o cabalo de Odín, Sleipnir.
Edda prosaica
[editar | editar a fonte]Hermóðr aparece de forma distinta na sección 49 do libro Edda prosaica en Gylfaginning. Aí descríbese que os deuses se atopaban sen palabras e devastados pola morte de Baldr, incapaces de reaccionar debido á pena. Despois de que os deuses recuperasen a súa cordura polo inmenso choque e a angustia da morte de Baldr, Frigg preguntoulle aos Æsir quen entre eles desexaba "gañar todo o seu favor e amor"[1] percorrendo o camiño a Hel. Quen aceptase, debía ofrecer un rescate a cambio de regresar a Baldr a Asgard. Hermóðr acepta e vai con Sleipnir a Hel.
Hermóðr cabalgou o cabalo de Odín, Sleipnir, durante nove días e nove noites a través de profundos e sombríos vales até a ponte Gjöll, cuberta de ouro brillante, sendo esta protexida pola doncela Móðguðr. Móðguðr díxolle a Hermóðr que Baldr xa cruzara a ponte e que debía cabalgar cara a abaixo e ao norte.
Ao arribar ao portal de Hel, Hermóðr desmontou, apertou a sela, montou de novo e controlou a Sleipner de tal xeito que saltou por encima do portal. Ao final, Hermóðr chegou ao salón de Hel e veu a Baldr sentado no lugar máis honorífico. Hermóðr rogou a Hel que liberase a Baldr, citando o pranto entre os Æsir. Daquela Hel proclamou que Baldr só sería liberado se todas as cousas, mortas e vivas, choraran por el.
Baldr deulle a Hermóðr o anel Draupnir, o cal foi queimado con el na súa fogueira, para devolvérllelo a Odín. Nanna deulle unha túnica de algodón para Frigg, canda outros regalos, como o anel para Fulla. Despois Hermóðr regresou coa mensaxe de Hel.
Hermóðr é denominado "fillo" de Odín na maioría de manuscritos, mentres que no Codex Regius, considerado o mellor manuscrito, é chamado sveinn Óðins, 'rapaz de Odín', que en contexto chega a significar máis como 'servente de Odín'. De calquera maneira, Hermóðr en pasaxes posteriores é chamado por Baldr como irmán e tamén aparece como fillo de Odín na lista dos fillos de Odín.
Edda poética
[editar | editar a fonte]O nome Hermód parece ser aplicado ao heroe mortal no poema da Hyndluljóð da Edda poética.
Poesía escáldica
[editar | editar a fonte]No poema escáldico Hákonarmál (estrofa 14) Hermóðr e Bragi aparecen en Valhalla recibindo a Haakon I de Noruega. Non está claro se Hermóðr ou Bragi son deuses neste poema.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Byock, Jesse. (Trans.) (2006) The Prose Edda, page 66. Penguin Classics ISBN 0-14-044755-5
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Byock, Jesse (Trans.) (2005). The Prose Edda. Penguin Classics. ISBN 0-14-044755-5
- Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2