Aeros 2
AEROS 2 | |
---|---|
Representación artística dun satélite Aeros en órbita. | |
Tipo | Científico |
Organización | Bundesministerium für Bildung und Wissenschaft, NASA[1] |
Data de lanzamento | 16 de xullo de 1974[2][3][4] |
Foguete portador | Scout D1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3] |
Duración da misión | 14 meses[2] |
Obxectivo da misión | Estudo das capas altas da atmosfera da rexión F da ionosfera.[3] |
Decaemento | 25 de setembro de 1975[2] |
NSSDC ID | 1974-055A |
Masa | 125,7 kg[1][3] |
Aeros 2, tamén coñecido como Aeros B[3], foi un satélite artificial alemán adicado ó estudo da atmosfera superior e o espazo exterior.[1][3] Foi lanzado o 16 de xullo de 1974 mediante un foguete Scout D1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita polar cunha inclinación orbital de 97,4 graos e un perixeo e apoxeo iniciais de 220 e 853 km, respectivamente.[3][4] O satélite reentrou e destruíuse na atmosfera o 25 de setembro de 1975.[2]
Características
[editar | editar a fonte]O satélite tiña forma de cilindro de 0,914 metros de diámetro e 0,71 metros de altura. Estabilizábase mediante xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación orientado cara ao Sol. A bordo levaba cinco experimentos cos que mediu a temperatura e densidade de electróns, ións e partículas neutras, a súa composición e o fluxo de raios solares ultravioleta.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Aeros 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AEROS 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (8 de xullo de 2011). "Aeros-B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 John Scali (23 de outubro de 1974). "Letter dated 16 October 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-28547). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2011.