[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Abomey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de febreiro de 2019 ás 08:31 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
Abomey

Abomey, cidade do sur de Benín.

Capital do antigo reino fon de Dahomei, establecido en 1625.

A cidade é coñecida polos seus palacios reais, un grupo de estruturas construídas en barro entre mediados do século XVII e fins do XIX, os edificios estaban rodeados por un muro de lama no que se abrían seis portas, e protexido por un foxo de cinco pés de fondo, cuberto cunha densa sebe de acacias espiñentas.

En novembro de 1892, Behanzin, o último rei independente de Daomei, tras ser derrotado polas tropas coloniais francesas, prendeu lume á cidade e fuxiu para o norte. Os franceses reconstruíron a cidade e conectaron a cidade por ferrocarril coa costa.

En 1985 foi inscrita na lista do patrimonio da humanidade da UNESCO.