NetApp
NetApp | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa e empresa de capital aberto |
Data de fundación | 1992 |
Fundador(es) | David Hitz |
Director/a | George Kurian |
Nº de empregados | 11.000 (2021) |
Sede | Sunnyvale |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.netapp.com/ e https://www.netapp.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
NetApp[1] é unha empresa con sede en Sunnyvale (no estado de California, nos Estados Unidos). A súa actividade principal é o almacenamento informático e xestión de datos. Cotiza no índice bolsista NASDAQ-100 baixo a abreviatura NTAP.
Historia
[editar | editar a fonte]NeApp é unha compañía de almacenaxe inormático que foi fundada en 1992 por David Hitz, James Lau e Michael Malcom. Nese momento, o seu maior competidor era Auspex. En 1994, NetApp recibiu financiamento de capital risco de Sequoia Capital. Prosperou nos anos da burbulla de Internet entre 1990 e 2001, período durante o cal a empresa superou os 1.000 millóns de dólares de facturación anual. Tralo estoupido da burbulla, a facturación baixou rapidamente ós 800 millóns de dólares no ano fiscal de 2002. Dende entón, os ingresos da compañía aumentaron constantemente.
En abril de 2011 contaba con 10.676 empregados en todo o mundo e tiña unha facturación anual duns 4.500 millóns de dólares americanos.
Actividade
[editar | editar a fonte]Os servidores de arquivos son dende o principio buque insignia da compañía. Un servidor de arquivos é un tipo de dispositivo de almacenamento en disco que posúe e controla un sistema de arquivos e presenta os arquivos e directorios ós anfitrións na rede.
Este sistema chámase almacenamento de arquivos, en comparación co almacenamento en bloque que, tradicionalmente proveeron os principais fabricantes de almacenamento. Os seus principais competidores son EMC Corporation, Hewlett Packard, IBM, Hitachi ou Dell.
Contorno de traballo
[editar | editar a fonte]NetApp ten unha longa traxectoria acadando postos destacados na lista dos “Best Places to Work” (lista das mellores empresas para traballar). Ranquing elaborado pola revista Fortune's. En 2011 acadou o 5º posto da lista nos Estados Unidos, conseguindo por undécimo ano consecutivo situarse entre os 10 mellores lugares para traballar dos Estados Unidos, acadando tamén postos destacados noutros países (1º en Suíza e Australia, 2º no Canadá, 4º en Francia, 5º na India, 6º no Reino Unido, 8º en Alemaña, 8ª no Xapón, 10º nos Países Baixos).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O seu nome completo é Network Appliance, Inc.