[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de marzo de 2009 ás 10:34 por ArthurBot (conversa | contribucións) (bot Engadido: hu:Csillámpala)
Mica
Mineral de mica
Fórmula químicaDiferente segundo a variedade
ClaseSilicatos
SubclaseFilosilicatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorDiferente segundo a variedade
BrilloNacarado
Dureza2-3
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta, en láminas
RaiaBranca
DensidadeDiferente segundo a variedade

As micas son un grupo de minerais constituídos por silicatos de potasio, aluminio, magnesio e ferro. Son uns minerais exfoliables en láminas moi delgadas e flexibles é dunha dureza moi baixa.

Aspecto

As micas acostuman aparecer en forma de cristais tabulares hexagonais.

Variedades da mica

Segundo sexa a súa composición química as micas presentan diferentes variedades distinguibles de forma simple pola súa cor:

Lugares onde se atopa

É frecuente a presenza de mica en granitos, pegmatitas, lousas, gneis, xistos micáceos e en todo tipo de rochas ricas en silicio.

Outros silicatos

Outros silicatos importantes son:

A olivina, o feldespato e o cuarzo.