Mica
Aparencia
Mica | |
---|---|
Mineral de mica | |
Fórmula química | Diferente segundo a variedade |
Clase | Silicatos |
Subclase | Filosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Diferente segundo a variedade |
Brillo | Nacarado |
Dureza | 2-3 |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Perfecta, en láminas |
Raia | Branca |
Densidade | Diferente segundo a variedade |
As micas son un grupo de minerais constituídos por silicatos de potasio, aluminio, magnesio e ferro. Son uns minerais exfoliables en láminas moi delgadas e flexibles é dunha dureza moi baixa.
Aspecto
As micas acostuman aparecer en forma de cristais tabulares hexagonais.
Variedades da mica
Segundo sexa a súa composición química as micas presentan diferentes variedades distinguibles de forma simple pola súa cor:
- Biotita, de cor negra ou parda.
- Flogopita, de cor parda.
- Lepidolita, de cor violácea.
- Moscovita, de cor branca, grisácea ou verdosa.
Lugares onde se atopa
É frecuente a presenza de mica en granitos, pegmatitas, lousas, gneis, xistos micáceos e en todo tipo de rochas ricas en silicio.
Outros silicatos
Outros silicatos importantes son:
A olivina, o feldespato e o cuarzo.