[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Metro do Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de outubro de 2024 ás 10:53 por Onda de lume (conversa | contribucións) (Véxase tamén)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Metro do Porto
Información
DonoPortugal Portugal (Estado)
CidadePorto, Portugal - Área Metropolitana do Porto
TipoSemi-metro / Metro Lixeiro (Veículo leve sobre trilhos)
Liñas6
Estacións85
Pasaxeiros (día)9.000 pasaxeiros por hora en cada liña
Pasaxeiros (ano)79 millóns de pasaxeiros en 2023
PresidenteTiago Braga
SedePorto, Portugal
Sitio webwww.metrodoporto.pt
Operacións
Inauguración7/12/2002
Operador(es)Via Porto
Vehículos120
Técnica
Electrificación750 V Corrente continua
Vel. máxima100km

O Metro de Porto é a rede ferroviaria de transporte público metropolitano da cidade portuguesa do Porto e da súa área metropolitana, que dá servizo a máis de 1 millón de habitantes en oito municipios.

Serve como un medio de transporte eficiente e ecolóxico, e é un elemento clave na planificación urbanística e no desenvolvemento da rexión metropolitana do Porto, fomentando a conexión entre diferentes áreas e facilitando o movemento diario dos cidadáns.

Plataforma da liña D na estación de Trindade. A liña D é a que ten a maior parte do seu percorrido soterrado, sendo unha liña con estacións subterráneas destacadas en termos funcionais e arquitectónicos.

Características e pasaxeiros

[editar | editar a fonte]

É a rede de metro máis extensa de Portugal, e a 13ª máis extensa da Unión Europea, con 70,1 quilómetros en 2024.[1][2]

A rede conta con 6 liñas de metro e un total de 85 estacións, repartidas en 70,1 km de liñas comerciais duplicadas, maioritariamente en superficie, con 8,3 km de rede subterránea.

Máis de 79 millóns de pasaxeiros foron transportados polo Metro do Porto en 2023, alcanzando así un novo récord histórico de demanda.[3]

Flexity Outlook Eurotram.

En 2023, con 21 anos de funcionamento,[4] Metro do Porto transportara máis de mil millóns de pasaxeiros desde que comezou a operar.[5]

A rede desenvolveuse considerablemente desde a súa inauguración en 2002, expandíndose para incluír máis estacións e liñas, e incorporando servizos como o "Andante", un sistema de tarxeta intelixente que permite un acceso fácil e conveniente ao transporte público.[6]

Metro do Porto
Logo
TipoTren lixeiro e Semi-metrô
Data de fundación7 de decembro de 2002
EnPorto
PaísPortugal
41°09′44″N 8°37′19″O / 41.162141666667, -8.6219527777778
Na rede
https://www.metrodoporto.pt
Facebook: MetroPorto Twitter: metrodoporto Instagram: metrodoporto Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Galería de imaxes de Infraestruturas do Metro de Porto

[editar | editar a fonte]
  1. "Metro do Porto bate recorde com 79 milhões de passageiros em 2023". 2024-01-19. Consultado o 2023-10-27. 
  2. O Metro do Porto clasifícase máis precisamente como un sistema de tránsito rápido lixeiro que combina características de tranvías e metro. De feito, a maior parte da súa rede opera en superficie. Das súas seis liñas operativas, a maioría do trazado é ao aire libre, con só unha parte do sistema que corre por debaixo do chan.
  3. "70 milhões de obrigados" (en portugués). Consultado o 2019-12-24. 
  4. "21 anos com a Vida em movimento" (en portugués). Consultado o 2024-10-18. 
  5. Lusa, Agência (8 de dezembro de 2023). "Metro do Porto transportou mais de mil milhões de passageiros em 21 anos". Consultado o 10 de dezembro de 2023. 
  6. ECO (2023-12-08). "Metro do Porto transportou mais de mil milhões de passageiros em 21 anos". ECO (en portugués). Consultado o 2024-10-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]