[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

fiel

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Revisión feita o 11 de agosto de 2024 ás 13:04 por Cullerdés (conversa | contribucións)
(dif) ←Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova→ (dif)
Galego

fiel1

  • Pronuncia: /fi.'ɛl/ (AFI)

Adxectivo

fiel
(sg: fiel; pl: fieis)

  1. Que garda lealdade.
    • Exemplo: Un can fiel.

  2. Que non falta aos seus compromisos cos demais nin coas súas ideas e actitudes.
    • Exemplo: Un amigo fiel nunca traiciona aos seus amigos.

  3. Que é conforme á verdade.
    • Exemplo: Gardamos unha memoria fiel dos nosos antepasados.

  4. (Figurado) Que ten as condicións e circunstancias que precisa o uso ao que se destina.
    • Exemplo: Un reloxo fiel non atrasa nin adianta.

Substantivo

fiel
(sg: fiel; pl: fieis)

  1. (Relixión) Persoa crente.
    • Exemplo: É un fiel nusulmán.

fiel2

  • Pronuncia: /fi.'ɛl/ (AFI)

fiel
(sg: fiel; pl: fieis)

  1. Agulla das balanzas que se pon vertical cando hai igualdade nos pesos comparados.
  2. Cravo pequeno co se unen as dúas follas das tesoiras.