[go: up one dir, main page]

Zygomycota (antes Zygomycetes, cigomicetos[1]) é unha antiga división do reino Fungi. Os seus membros están agora clasificados nos filos Mucoromycota e Zoopagomycota.[2] Coñécense aproximadamente 1.060 especies.[3] Os fungos pertencentes ao fío Zygomycota caracterízanse por formar cigósporas con grosas paredes, de orixe sexual e esporangiosporas non nadadoras, de orixe asexual. O mofo negro do pan (Rhizopus nigricans), un representante ben coñecido deste grupo da orde Mucorales, produce masas de hifas sobre pan, froita e outros alimentos deteriorados.O corpo deste fungo, composto de hifas non septadas (cenocíticas), mostra que a pesar dunha pequena diferenciación celular entre os fungos, as hifas poden especializarse por varios propósitos. Os fungos da orde Entomoftorales son parasitos das moscas, protisas miniaturas e doutros insectos. Son organismos de nutrición saprófita, aliméntanse de restos de plantas e animais do chan. Teñen esporanxiosporas sinxelas dentro duns receptáculos; no interior de cada un deles desenvólvense unhas estruturas que chegan a independizarse e funcionar como conidios. A orde Zoopagales comprende fungos parasitos de amebas, nemátodos e artrópodos.

Este tipo de fungos producen esporas asexuais dentro dos esporanxios, e durante a reprodución sexual, fórmase unha cigóspora con paredes de resistencia, na que ocorrerá a meiose.

A maioría dos fungos coñecidos como mofo, como os do pan ou a froita, pertencen a esta división.

Filoxenia

editar

Zygomycota é un grao ou grupo parafilético que representa a etapa máis temperá da evolución do clado Amastigomycota. A súa filoxenia mostra que a maioría de subfilos tamén son parafiléticos, resumindo as relacións a nivel de ordes do seguinte modo:[4]

Amastigomycota

 Basidiobolales

 Entomophthorales

 Harpellales

 Kickxellales

 Dimargaritales

 Zoopagales

 Mortierellales

 Endogonales

 Mucorales

 Glomeromycota

 Dikarya (fungos superiores)

  1. Definición de Zygomycota no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Spatafora, Joseph W.; Chang, Ying; Benny, Gerald L.; Lazarus, Katy; Smith, Matthew E.; Berbee, Mary L.; Bonito, Gregory; Corradi, Nicolas; Grigoriev, Igor; Gryganskyi, Andrii; James, Timothy Y.; O’Donnell, Kerry; Roberson, Robert W.; Taylor, Thomas N.; Uehling, Jessie; Vilgalys, Rytas; White, Merlin M.; Stajich, Jason E. (2016). "A phylum-level phylogenetic classification of zygomycete fungi based on genome-scale data". Mycologia (en inglés) 108 (5): 1028–1046. ISSN 0027-5514. PMC 6078412. PMID 27738200. doi:10.3852/16-042. 
  3. Krogh, David (2010). Benjamin-Cummings P, ed. Biology: A Guide to the Natural World (en inglés). p. 409. ISBN 978-0-321-61655-5. 
  4. Merlin M. White et al. 2006, Phylogeny of the Zygomycota based on nuclear ribosomal sequence data.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar