[go: up one dir, main page]

Xogos Olímpicos de 1980

Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Melbourne 1956, debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.

Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1980
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialSpiller vun der XXII. Olympiad Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
MascotaMisha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto porLutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980
Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980
Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 +
../... 23 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes80
5.179 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos203 Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMoscova (Rusia) 55°45′02″N 37°37′03″L / 55.7506, 37.6175 Editar o valor en Wikidata
PaísUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo19 de xullo de 1980 – 3 de agosto de 1980 Editar o valor en Wikidata
Número de edición22  (1980) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porLeonid Brezhnev Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porNikolai Andrianov
Aleksandr Medved (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porSergei Belov Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata

1976 Editar o valor en Wikidata
1984 Editar o valor en Wikidata

No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.

Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.

Boicot

editar
 
Mapa dos boicots olímpicos

Dada a invasión soviética de Afganistán, en 1979, os Estados Unidos de América decidiron boicotear os Xogos Olímpicos de 1980. O presidente americano Jimmy Carter deu un ultimato ós soviéticos, o 20 de febreiro de 1980, para a completa retirada das tropas militares de Afganistán. O boicot foi anunciado o 21 de marzo.

Jimmy Carter premeu a outros países para se adherir ó boicot, no que finalmente se adheriron 69 países, incluíndo Alemaña Occidental, o Canadá e o Xapón. Algúns países occidentais apoiárono, como Francia, Portugal e o Reino Unido, mais deixaron ós seus atletas decidir por eles mesmos se querían ir á Unión Soviética ou non. Porén, eses países mandaron unha delegación de atletas moito menor do que eles normalmente mandan ós Xogos Olímpicos. Por causa diso, Italia foi a principal representante da Europa Occidental nos Xogos de 1980. O boicot afectou severamente moitos eventos.

No total, 80 países competiron nos Xogos de 1980, o número mais baixo dende 1956. Dunha maneira ou outra, os xogos foron ben organizados, e máis marcas olímpicos foron quebradas nos Xogos de 1980 que nos Xogos de 1976, realizados en Montreal.

Modalidades disputadas

editar
 
Estados participantes

Cadro de medallas

editar
Cadro de Medallas  
Posición País   Gold      Silver      Bronze    Total
1 Unión Soviética  Unión Soviética 80 69 46 195
2 Alemaña Democrática  Alemaña Oriental 47 37 42 126
3 Bulgaria  Bulgaria 8 16 17 41
4   Cuba 8 7 5 20
5 Italia  Italia 8 3 4 15
6 Hungría  Hungría 7 10 15 32
7 Romanía  Romanía 6 6 13 25
8   Francia 6 5 3 14
9 Reino Unido  Reino Unido 5 7 9 21
10 Polonia  Polonia 3 14 15 32