Wilhelm Dörpfeld
Wilhelm Dörpfeld, nado o 26 de decembro de 1853 e finado o 25 de abril de 1940, foi un arquitecto e arqueólogo alemán que participou nas escavacións levadas a cabo entre 1877 e 1881 en Olimpia, e posteriormente, xunto a Heinrich Schliemann, en Orcómeno e en Troia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1853 Barmen, Alemaña |
Morte | 25 de abril de 1940 (86 anos) Lefkada, Grecia |
Lugar de sepultura | Nydri (en) |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | Bauakademie (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía |
Ocupación | antropólogo, arqueólogo, historiador da arquitectura, historiador da arte, arquitecto, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Jena |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Friedrich Wilhelm Dörpfeld |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дёрпфельд Вильгельм) Obálky knih, The Great Archaeologists (en) , (p.140-142) |
Traxectoria
editarEn Troia participou nas escavacións desde 1882 e desenvolveu plenamente a técnica da estratigrafía. No curso da escavación de 1890 atopou restos dun edificio que contiñan cerámicas similares a outros fragmentos achados en Orcómenos, Micenas e Tirinto, polo que deduciu que o estrato que contiña os restos, chamado Troia VI, era o contemporáneo co maior auxe da civilización micénica, e por tanto se podería identificar coa cidade cantada por Homero na Ilíada, refutando así a opinión de Schliemann de que Troia II era a Troia homérica.
Trala morte de Schliemann, Dörpfeld proseguiu os escavacións en Troia en 1893 e 1894, desenterrando gran parte do estrato correspondente á cidadela de Troia VI, e observando que a cidade sucumbira violentamente tras un grande incendio. Non chegou a achar a cidade inferior que foi descuberta por Manfred Korfmann a partir de 1988, pero xa supuxera que esta cidade inferior se chegaría a descubrir, posto que algunhas sondaxes que encargou a varios especialistas acharan indicios diso.
En 1902 publicou Troia und Ilion. Ergebnisse der Ausgrabungen in den vorhistorischen und historischen Schichten von Ilion 1870-1894, que contén as súas conclusións acerca das escavacións de Troia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wilhelm Dörpfeld |
Bibliografía
editar- Dieter Hertel. Troya, páxinas 31-33. Madrid, Acento, 2003. ISBN 84-483-0737-2
- Carlos Moreu. La guerra de Troya, páxinas 60-63. Madrid, Oberon, 2005. ISBN 84-96052-91-5