[go: up one dir, main page]

Unha cidadela[1] é un núcleo fortificado dunha vila ou cidade. Pode ser unha fortaleza, un castelo ou un centro fortalecido. O termo é un diminutivo de "cidade" e quere dicir "pequena cidade", e é chamado así por ser unha parte pequena da cidade onde está o núcleo defensivo. A antiga Esparta tivo unha cidadela ó igual que moitos outras cidades gregas.

Cidadela de Qatibay, en Alexandría, Exipto.

Nunha fortificación con bastións, a cidadela é a parte máis forte do sistema, ás veces ben dentro das paredes exteriores e baluartes. Porén, a miúdo forman parte do muro exterior por razóns económicas. É considerada a última liña de defensa, xa que o inimigo debe crebar os outros sistemas defensivos para chegar a ela. Unha cidadela é tamén un termo para chamarlle á terceira parte dun castelo medieval, con paredes máis altas que o resto.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cidadela.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar