[go: up one dir, main page]

Wikipedia:Redireccións

(Redirección desde «Wikipedia:RED»)

Unha redirección é unha páxina que non ten contido por si mesma, senón que dirixe ao lector cara outro artigo ou sección doutro artigo. As páxinas de redireccións conteñen o texto wiki #REDIRECCIÓN [[NOME ARTIGO]], que define a ese título coma unha páxina de redirección e indica o artigo obxectivo da mesma. Tamén é posible redirixir a unha sección específica do artigo obxectivo, usando a sintaxe #REDIRECCIÓN [[NOME ARTIGO#SECCIÓN]].

Esta páxina contén indicacións para o uso correcto de redireccións na Galipedia. Para axuda técnica de como funcionan as redireccións e como empregalas vexa: Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Propósito das redireccións

editar

Os motivos para crear e manter redireccións inclúen:

  • Títulos alternativos, nas que redireccións teñen como obxecto redirixir cara un título alternativo máis coñecido ou habitual, usando o título máis axeitado para o artigo. Exemplo: Edison Arantes do Nascimento redirixe cara Pelé.
  • Plurais, cando existen referencias de uso do plural e o singular dun mesmo concepto. Polo xeral, a redirección deberá apuntar cara ó singular correspondente. Exemplo: gases nobres redirixe cara gas nobre.
  • Termos relacionados. Exemplo: Alcaldía redirixe cara Alcalde.
  • Adxectivos que apuntan cara nomes.
  • Formas menos específicas de nomes propios, cando o artigo en cuestión é o tema primario. Por exemplo, Einstein redirixe cara Albert Einstein, mentres que García é unha páxina de homónimos no canto dunha redirección, xa que non se considera a ningún García coma o tema primario para ese nome.
  • Abreviacións e acrónimos. Exemplo: UE redirixe cara Unión Europea.
  • Puntuación ou escritura alternativa. Exemplo: Al-Jazeera redirixe cara Al Jazeera.
  • Erros habituais de escritura en nomes propios.
  • Capitalizacións alternativas habituais. Exemplo: Selección Natural redirixe cara Selección natural.
  • Cumprir co mantemento de historiais de edición non triviais seguindo os requirimentos de licenza.[1]
  • Temas secundarios ou adicionais descritos dentro dun artigo maior. Estas redireccións terán coma obxectivo a sección particular do artigo que conteña o tema en cuestión.
  • Redirecións cara páxinas de homónimos que non conteñen "(homónimos)" no título. (por exemplo, Manuel Ferreiro (homónimos) redirixe cara Manuel Ferreiro). Estas redireccións axudan no mantemento permitindo distinguir entre ligazóns a páxinas de homónimos que se fan cun propósito daquelas que si necesitan desambiguarse.
  • Atallos dos espazos de nomes Wikipedia e Axuda.
  • Axudar a evitar a creación de artigos duplicados.
  • Axudar a navegación e procura de certos termos.
  • Alias para marcadores e modelos de uso estendido e identificadores longos.

Nota: As redireccións cara outros proxectos Wikimedia, páxinas web externas, ou páxinas especiais non funcionan. Deben evitarse, e de non ser posible substituírse por unha {{redirección suave}}.

Como facer unha redirección

editar

Para crear unha redirección básica manualmente, insira #REDIRECCIÓN [[NOME PÁXINA]] coma o único texto da páxina.

As redireccións tamén poden crearse automaticamente cando se move unha páxina existente cara outro título.

Borrado de redireccións

editar

Motivos para borrar redireccións

editar

As redireccións deben borrarse cando cumpren algunha destas condicións:

  1. A redirección dificulta moito a navegación e as procuras dos usuarios de artigos con nomes semellantes.
  2. A redirección pode causar confusión.
  3. A redirección é ofensiva ou abusiva, agás se fai referencia a contido verificable incluído no artigo obxectivo.
  4. A redirección ten o propósito de auto promoción ou spam.
  5. A redirección non ten unha conexión lóxica co artigo obxectivo.
  6. A redirección faise entre espazos de nomes fora do espazo de nomes "Artigo". (Coa excepción dos atallos)
  7. As redireccións rotas que apuntan cara si mesmas ou artigos non existentes entran dentro dos criterios de eliminación rápida.
  8. As redireccións que conteñan erros ortográficos/en nomes propios pouco habituais ou de baixa probabilidade de ocorrencia.
  9. Para facer sitio a un artigo que se vai mover a ese título.
  10. Se a redirección ten posibilidades de converterse nun artigo de seu, e o artigo obxectivo non contén case ningunha información do tema concreto.
  • Redirección de categorías: As redireccións nas categorías deben evitarse e borrarse, movendo tódolos artigos dende a categoría redirixida cara a categoría correspondente que se vaia a manter definitivamente.

Categorización de páxinas de redireccións

editar

As páxinas de redireccións non se inclúen en ningunha categoría.[2]

Neutralidade das redireccións

editar
Atallo:
WP:RNEUTRAL

As redireccións de título non-neutral poden ser admisibles en determinadas circunstancias, particularmente se son títulos verificables, de uso estendido en múltiples fontes fiables, e útiles para a navegación. Este tipo de redireccións deben apuntar cara o artigo correspondente que conteña o título neutral.

  1. Enténdese como historiais de edición non triviais aqueles historiais de páxinas de redireccións que conteñen edicións válidas, conservadas no historial da páxina de redirección ao converterse nesta sen utilizar a función "mover a páxina". Polo xeral, neste tipo de casos os administradores deben fusionar estes historiais cos da páxina destino, deixando o historial da páxina de redirección só coa última entrada e pasando o resto de entradas do historial ao da páxina final. Nese momento este criterio xa non aplicará a redirección, que se deberá avaliar segundo o resto de criterios.
  2. Por motivos de mantemento existen algunhas excepcións noutros espazos de nomes distintos ó principal, como por exemplo as Redireccións de modelos Country data.

Véxase tamén

editar