[go: up one dir, main page]

A sonda espacial Voyager 2 (viaxeira, en inglés) foi lanzada ao espazo o 20 de agosto de 1977 pola NASA a bordo dun foguete Titan IIIE. A súa estrutura é semellante á da sonda Voyager 1.

Sonda Voyager 2.

Traxectoria

editar
 
Traxectoria inicial da sonda Voyager 2

Chegou a Xúpiter no ano 1979 sufrindo unha impulso debido ao seu campo gravitacional. No ano 1981 pasou por Saturno en dirección a Urano e Neptuno polos que pasou nos anos 1986 e 1989 respectivamente, tomando os únicos planos detallados ata o momento.[1] No ano 2012 atopábase nos confíns do Sistema Solar.

Para facer unha aproximación a Tritón en1989, pasou sobre o polo norte de Neptuno, o que fixo que a partir de entón se dirixira cara ó sur do plano da eclíptica, facendo que fora perdendo a liña de vista coas radio antenas do hemisferio norte. Así, en 2020 está a uns 18,8 mil millóns de km da Terra[2] e pode comunicarse con ela só mediante a DSS43, a antena do Deep Space Network da NASA en Camberra (Australia, pois as outras dúas están en Goldstone, California, e Madrid, ambas ho hemisferio norte).

  1. esa. "Canicas azules". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-02-18. 
  2. "NASA contacts Voyager 2 using upgraded Deep Space Network dish". phys.org (en inglés). Consultado o 2020-11-06. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.