Sonda espacial
Unha sonda espacial é unha nave espacial non tripulada, utilizada para a exploración remota doutros planetas, satélites, asteroides ou cometas. Normalmente as sondas teñen recursos de telemetría, que permiten estudar á distancia as súas características físico-químicas, tirar fotografías e por veces tamén o seu medio natural. Algunhas sondas, como Landers ou Rovers, pousan na superficie dos astros celestes, para estudos da súa xeoloxía e do seu clima. As primeiras sondas para estudar outros astros lanzáronse a finais da década de 1950 pola Unión Soviética e os Estados Unidos, no inicio da exploración espacial, e axudaron moito a desvelar os misterios do Universo. En anos posteriores, a Axencia Espacial Europea, o Xapón, a República Popular da China e a India tamén lanzaron as súas sondas.[2][3]
Tipos de sondas
editar- Sobrevoo (flyby): sonda que pasa próxima a un astro e o analiza cos seus instrumentos.[4][5]
- Orbitador (orbiter): sonda que entra en órbita dun astro, pasando a funcionar como un satélite artificial do mesmo.
- Impacto: sonda que colisiona contra un astro, facendo análises durante a aproximación ou a colisión.[6]
- Aterradora (lander): sonda que pousa nun astro analizándoo in loco, moitas veces levando consigo unha sonda vehicular.
- Veicular (rover): sonda con capacidade de locomoción para analizar unha área maior dun astro.
- Observatorio: sonda con capacidade telescópica, que pode actuar nunha ou máis faixas do espectro eletromagnético, para efectuar observacións astronómicas, xeofísicas e espectrais, sen as distorsións provocadas pola atmosfera terrestre.
Traxectorias interplanetarias
editarUnha vez unha sonda abandonou a veciñanza da Terra, a súa traxectoria probablemente tome unha órbita arredor do Sol semellante á da Terra. Para chegar a outro planeta, o método máis simple é unha órbita de tranferencia de Hohmann. Técnicas máis complexas, como a asistencia gravitacional poden ser máis eficientes para o combustible, aínda que poden requirir que a sonda pase máis tempo de viaxe. Unha técnica que emprega moi pouca propulsión, aínda que require unha cantidade de tempo considerable, é seguir unha traxectoria na Interplanetary Transport Network.[7]
Notas
editar- ↑ "What's Up in the Solar System diagram by Olaf Frohn". The Planetary Society.
- ↑ "Sonda Espacial – O que é, Como Funciona, Estudos e Funções, História". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Sondas espaciais
- ↑ Órbitas e trajetórias das Sondas Espaciais
- ↑ "Introdução à Tecnologia de Satélites – CSE-200-4" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Korolev, o criador das grandes naves espaciais
- ↑ "E&S+". E&S+. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2003. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
Véxase tamán
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sonda espacial |
Bibliografía
editar- Deep Space: The NASA Mission Reports. edited by Robert Godwin (2005). ISBN 1-894959-15-9
Ligazóns externas
editar- Páxina da NASA sobre a exploración do sistema solarArquivado 22 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Sondas Espaciais
- JPL – What Is a Space Probe? (2010) Arquivado 28 de abril de 2021 en Wayback Machine.