Vilarmosteiro, O Páramo
Santa Eufemia de Vilarmosteiro é unha das 18 parroquias do concello lugués do Páramo. Segundo o IGE en 2011 tiña 118 habitantes (66 mulleres e 52 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 134 habitantes.
Vilarmosteiro | |
---|---|
Igrexa de Santa Eufemia de Vilarmosteiro. | |
Concello | O Páramo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°51′00″N 7°29′53″O / 42.8499, -7.4981 |
Poboación | 107 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Consta de 12 núcleos de poboación: Vilarmosteiro, Mundín, Lamacemón, Seoane, O Castro, A Ciguñeira, O Castro de Neira, Lamabecerros, A Cal, Vigodefondo, O Campo da Feira e San Xuliao.
Xeografía
editarNa parroquia de Vilarmosteiro encóntrase o Campo da Feira do Páramo. O Campo da Feira consta dunha carballeira de máis de 7 hectáreas. Ó redor do Campo da Feira o concello do Páramo foi construíndo distintos edificios públicos que pasaron a constituír un novo núcleo, O Páramo[2]: o pavillón polideportivo, o centro médico, o colexio público, a casa do médico, e finalmente no ano 2006 o concello mudou a capital para este lugar e o novo edificio multiúsos transformouse en casa do concello.
No ano 1976 comezaron a organizarse as Feiras e Festas de Primavera, co ánimo de recuperar a vitalidade na carballeira ante a ameaza da especulación urbanística. Estas feiras están organizadas pola Asociación de Amigos do Campo da Feira, creada por Jesús Méndez.
Historia
editarA primeira referencia histórica que se coñece de Vilarmosteiro é do ano 1229, cando Vivian Froyaz se bateu en preito coa Encomenda de Portomarín polo padroado da Igrexa de Vilarmosteiro. Este documento é o primeiro documento escrito en galego máis antigo da provincia de Lugo. Curiosamente o segundo documento máis antigo en galego da provincia inclúe tamén o topónimo Vilarmosteiro.
Durante a Segunda República recoñecidos políticos do momento deron mítins políticos no Campo da Feira. O máis sonado foi o de Ramón Otero Pedrayo que se subiu a un estrado sobre varias cubas de viño diante da Casa do Zapateiro.
No ano 2000 os veciños de Vilarmosteiro crearon a Asociación Lares Unidos, coa pretensión de organizar as festas do San Vitorio, crear unha sede social propia, e a realización das actuacións necesarias para a construción dun novo camposanto parroquial.
Festas
editarA parroquia organiza en torno ó día 27 de agosto a festa do San Vitorio, instaurada a finais do século XIX polo párroco Juan Benito Quiroga. O día 16 de setembro celébrase unha misa pola Santa Eufemia, patroa desde antes do ano 1229.
Galería de imaxes
editar-
Monólito no Campo da feira do Páramo.
-
Pendello no Campo da feira do Páramo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilarmosteiro
editarLugares da parroquia de Vilarmosteiro no concello do Páramo (Lugo) | |
---|---|
O Agro | A Cal | O Campo da Feira | O Castro de Neira | A Ciguñeira | O Couso | Lamabecerros | Lamacemón | Mundín | A Ponte de Neira | San Xulián | Seoane | Vigo de Fondo | Vilarmosteiro |