[go: up one dir, main page]

Vilanova de Arousa

concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra

Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».

Modelo:Xeografía políticaVilanova de Arousa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′45″N 8°49′48″O / 42.5626, -8.8299
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalVilanova de Arousa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.225 (2023) Editar o valor en Wikidata (285,3 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie35,84 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude50 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGonzalo Durán Hermida Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vilanova de Arousa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36620 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36061 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvilanovadearousa.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: concello.devilanovadearousa Twitter: conce_vilanova Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar

Fonte: Instituto Nacional de Estadística 1857-2011

Evolución da poboación de Vilanova de Arousa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.817 8.614 11.277 15.282 10.421 10.719 10.614 10.590 10.502 10.459 10.422 10.406 10.352
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

editar
 
Estatua de Julio Camba.

Atópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai unha ponte romana coñecida como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.

A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conserva a torre do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.

No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.

Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro.

Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre citar os sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738 e foi levantado por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.

No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.

Recursos

editar

Vilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas [Cómpre referencia]. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e importante fonte de riqueza.

Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a Idade Media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.

Cultura

editar

Arquitectura

editar
  • Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico.
  • Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior.
  • Pazo da rúa Nova en András.
  • Torre de Miranda, en Caleiro.
  • Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).
editar
  • Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira [1].
  • As mozas de Vilanova/ dicen que non beben viño/ e debaixo do mantelo/ levan o xarro escondido [2].

Galería de imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilanova de Arousa

András (San Lourenzo) | Baión (San Xoán) | Caleiro (Santa María) | Deiro (San Miguel) | Tremoedo (Santo Estevo) | Vilanova de Arousa (San Cibrán)

Lugares de Vilanova de Arousa

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.

  1. O Monte Lobeira está situado na parroquia de András. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar