Baión, Vilanova de Arousa
parroquia civil do concello de Vilanova de Arousa
San Xoán de Baión é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE,[2] en 2016 tiña 1 315 habitantes, dos cales 633 eran homes e 682 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2007 cando tiña 1 511.
Baión | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Baión. | |
Concello | Vilanova de Arousa[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°33′42″N 8°43′32″O / 42.56166667, -8.72555556 |
Poboación | 1 315 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarDe 1936 a 1945 pertenceu ao concello de Vilagarcía de Arousa.
Patrimonio
editarAmais da igrexa de San Xoán, na parroquia está a capela de San Simón cun cruceiro ao seu carón. Entre a arquitectura civil destaca o Pazo Baión.
Festas
editar- O 24 de xuño celébrase a festa de San Xoán, patrón da parroquia, con fogueiras, sardiñas, xogos, música e baile.
- O 28 de outubro celébrase a romaría de San Simón. A carón desta capela hai un cruceiro do século XVI.
Galería de imaxes
editar-
Capela de San Simón
-
Cruceiro a carón da capela de San Simón.
Lugares e parroquias
editarLugares de Baión
editarLugares da parroquia de Baión no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra) | |
---|---|
A Abelleira | Barcia | Carballo | Casal | Fonsín | A Fontenla | Framil | Groufa | A Lagoa | Mozorín | Paderne | O Pereiro | Ponte Arnelas | Rabuñade | O Rodo | Romarís | San Simón | Serantes | Sestelo | Tirabao | A Torre | Tras do Río |
Parroquias de Vilanova de Arousa
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Xosé Lois Vila Fariña (2009). Memoria histórica de la parroquia de Baión. Cardeñoso. ISBN 978-84-8190-586-1.