Vietnam do Sur
A República de Vietnam (Việt Nam Cộng Hòa, en lingua vietnamita) ou Vietnam do Sur foi un estado localizado no sueste asiático que ocupaba o que hoxe en día é o sur de Vietnam entre 1955 e 1975, como resultado da división do país na Conferencia de Xenebra. Trala derrota dos franceses, produciuse unha chegada de asesores militares dos Estados Unidos para evitar que os comunistas de Vietnam do Norte se apropiaran do sur, actuando de acordo á doutrina Truman. Estados Unidos deulle grande importancia á supervivencia do estado survietnamita debido a que se cría que unha vitoria sobre os comunistas podería propiciar a sucesiva caída na esfera soviética dos países da zona, seguindo o que se coñecía como a teoría do dominó. Despois da retirada americana en 1973, Vietnam do Norte acabaría conquistando Vietnam do Sur o 2 de xullo de 1976.
Việt Nam Cộng hòa (vi) | |||||||||
Himno | March of the Students (en) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||
| |||||||||
Capital | Saigon (pt) Cidade Ho Chi Minh | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 19.582.000 (1974) (112,66 hab./km²) | ||||||||
Lingua oficial | Lingua vietnamita | ||||||||
Relixión | budismo, catolicismo, Confucianismo, Taoísmo e Hinduísmo | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 173.809 km² | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Precedido por | |||||||||
Creación | 26 de outubro de 1955: causado por State of Vietnam referendum | ||||||||
Disolución | 30 de abril de 1975 | ||||||||
Sucedido por | República do Vietname do Sul (pt) | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
Forma de goberno | presidencialismo república | ||||||||
Moeda | South Vietnamese đồng (en) | ||||||||
Historia
editarVietnam do Sur naceu o 2 de setembro de 1945. En 1954 Vietnam foi dividida en dous, unha república socialista denominada República Democrática de Vietnam (Vietnam do Norte) e outra capitalista, República de Vietnam (Vietnam do Sur). Os franceses retiráranse de Vietnam pero durante as eleccións que se libraron no Vietnam do Sur, Estados Unidos puxo a soberanía de Vietnam do Sur baixo o réxime do candidato de presidente Ngo Dinh Diem, un mestre da corrupción e un ditador, que fora principalmente represivo contra os monxes budistas, relixión tradicional en Vietnam, os cales comezaron a ser perseguidos polo sur baixo as directrices de Ngo Dinh Diem, que era católico. As protestas budistas foron encabezadas polo monxe vietnamita Thich Tri Quang, quen se chegou a inmolar publicamente en sinal de protesta contra o goberno. En 1960, opositores ao goberno de Ngo Dinh Diem crearon o Vietcong, Fronte de Liberación Nacional, e comezou unha resistencia guerrilleira contra militares de Saigón e os Estados Unidos para reunificar o país baixo un réxime comunista, contando co apoio declarado do Vietnam do Norte. Dado a corrupción que existía no Sur, en 1963 o presidente Ngo Dinh Diem foi asasinado nun golpe de estado dos militares, para mudar o sistema político cara ao parlamentarismo. Seguiríao Nguyen Van Thieu, mais non se consegue estabilizar o país. Despois desátase abertamente a guerra, con participación americana, onde foron destruídas 10 millóns de hectáreas, e un 70% da poboación tivo que fuxir dos súas casas para non ser asasinados. O goberno dos Estados Unidos de América pretendía impedir a expansión do comunismo na rexión e xa comezara en 1961 a realizar ataques contra a República Democrática de Vietnam (Vietnam do Norte), chegando a enviar un exército á península de 600.000 militares, en alianza con Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia, Taiwán e Tailandia, no que ficou coñecido como a guerra de Vietnam. O Vietcong acaba tomando Saigón en 1975, vencendo ao goberno vietnamita do sur e ás forzas dos Estados Unidos na zona. A Fronte de Liberación Nacional estabelece un goberno provisional para o Vietnam do Sur (designado República do Vietnam do Sur), que durou cerca dun ano, até a reunificación do país o 2 de xullo de 1976, que entón pasou a chamarse República Socialista do Vietnam.