[go: up one dir, main page]

Valeriano

emperador romano entre 253 e 260
(Redirección desde «Valeriano I»)

Caius Publius Icinius Valerianus, emperador romano entre os anos 253 a 260. De familia senatorial e el mesmo senador, ocupara importantes cargos cos emperadores precedentes, como censor con Decio e gobernador do baixo Rhin con Treboniano Galo. Foi precisamente o emperador Treboniano Galo quen lle pediu a súa axuda para loitar contra do gobernador Emiliano, a quen as súas tropas nomearan emperador.

Modelo:BiografíaValeriano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento200 Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 260 Editar o valor en Wikidata (59/69 anos)
Bishapur, Irán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
outubro de 253 – 260
← EmilianoGalieno →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaValerian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMariniana
Cornelia Gallonia Editar o valor en Wikidata
FillosGalieno
 () Mariniana
Valeriano Menor
 () Cornelia Gallonia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Valeriano non aceptaba este nomeamento, e continuou cara a Italia. Pouco antes de se enfrontar, preto de Spoleto, na Umbría, as tropas de Emiliano, e vendo a superioridade numérica das tropas de Valeriano, quitáronlle a vida o emperador Emiliano, xuntáronse coas tropas de Valeriano e nomeáronno emperador.

Non tivo ningún problema en ser recoñecido, xa que o Senado considerábao un dos seus, xa que era senador e de familia senatorial. Unha das súas primeiras medidas foi nomear augustus o seu fillo Publio Licinio Galieno.

O seu reinado

editar

Valeriano contaba con toda a confianza do Senado e a súa política foi encamiñada a favorecer os senadores en detrimento do Imperio. Era un dirixente hábil, pero ao longo do seu reinado multitude de exércitos invadiron o imperio, polo que se viu na necesidade para se enfrontar a defensa, en delegar no seu fillo o goberno da parte occidental do imperio, reservandose para si a parte oriental do mesmo.

Efectivamente, na parte occidental, os godos de novo estaban a dar graves problemas. Xa non era tribos que loitaban unhas contra outras, senón exércitos organizados e cuxas forzas abranguían un gran territorio, xa que os ostrogodos (ao parecer significa godos espléndidos) ocupaban todo o norte do Mar Negro, namentres que os visigodos ("godos nobres") ocupaban todo o Oeste deste mar. Ademais tiñan unha grande masa de campesiños eslavos baixo o seu mandato.

A ameaza goda levou a reforzar as terras do Danubio Inferior, á custa de debilitar o Danubio Superior e o baixo Rhin. Iso foi pronto advertido e aproveitado polos francos. No 256 unha nova coalición atravesou o Rhin, cruzou a Galia e chegou a España. Unha parte mesmo chegou a África. Os emperadores conqueriron algunhas vitorias contra deles, pero entón unha nova coalición invadiu Italia. Tratase dos alamáns. As cidades do Imperio comprenderonn pronto que non había ningún poder capaz de protexelas, polo que escomenzaron a construír murallas capaces de soster un longo asedio. Era moi frecuente ver os bárbaros das lexións, que supostamente estaban para defendelos, pasandose ao bando contrario. Ademais, nunha época en que os soldados eran tan necesarios, os cristiáns negabanse a formar parte do exército, xa que se lles esixía aceptar a divindade dos emperadores, ao que se negaban, polo que eran tratados coma traidores. De tal xeito que foron perseguidos e martirizados moitos deles nesta época. A consecuencia dun decreto do 257, morreu o papa Estevo I, e o mesmo lle ocorreu a San Cibrán no 258.

No Oriente, Valeriano conquiriu deter as correrías dos godos, e rexeitou as incursións dos sármatas en Panonia, pero no ano 255 as tropas do rei Sapor I de Persia conquistaron Antioquía. Tras enviar o xeneral Felix cara a Bizancio e concentrar as tropas de Succesiano, prefecto do pretorio en Samosata e recupera Antioquía no 256.

Entón os persas solicitaron negociacións de paz, pero Valeriano I rexeitounas. Estalou unha forte peste (suponse que de xarampón) que decimou o seu exército. E, en circunstancias que se descoñecen, (posibelmente traizoado polo seu prefecto Macriano) foi feito prisioneiro en Edesa (actual Urfa,Turquía) e obrigado a traballos forzados en Susiana até á súa morte, posibelmente no 260, aínda que non hai novas ao respecto. Trala súa morte, Siria, Capadocia e Cilicia foron ocupadas e arrasadas polos persas. Galieno quedou como único emperador.

Imperio Romano

Segue a:
Emiliano
Valeriano
Precede a:
Galieno
Anarquía militar